Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Subjects
  Curriculum Design, Development and Assessment
   Methodologies
Methodologies Description
Document analysis A análises de fontes documentais implica a reflexión sobre a importancia da inclusión da diversidade, atendendo aos múltiples factores que inciden no desenvolvemento da intervención educativa, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade educativa. Utilizaranse documentos audiovisuais e bibliográficos relevantes sobre a materia con actividades específicas deseñadas para a análise dos mesmos.
Guest lecture / keynote speech Na actividade de sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.

Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
Oral presentation Os traballos tutelados presentaranse oralmente na aula, cando así se indique. As presentación orais contarán cunha parte de exposición, onde os integrantes do grupo explicarán o contido do traballo realizado, e cunha parte de defensa onde responderán ás cuestións que lles formule a docente ou o resto de compañeiros/as.
Supervised projects En torno aos diferentes temas proporase a realización como mínimo tres traballos de grupo que se iniciarán na aula e que logo deberán ser completados mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo as indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada do profesor aos diferentes grupos. Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia, como outros complementarios. Finalmente, a través da exposición na aula, cada grupo compartirá os traballos realizados cos demais grupos.
Workbook O alumnado dispoñerá dun dosier de lecturas que será a base de referencia sobre o tratamento dos contidos que se abordarán en torno aos diferentes núcleos temáticos da materia. A lectura do mesmo será de carácter obrigatorio, e recoméndase que os documentos se lean previamente ao tratamento de cada un dos temas na aula.

Objective test A proba obxectiva constituirá unha actividade final da materia con carácter avaliativo a través da que o alumnado deberá dar resposta a corenta cuestións sobre o contido da materia, identificando a alternativa de resposta máis acertada entre tres opcións propostas. Para superar a proba será importante ser capaz de relacionar os contidos da materia facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, en torno ás diferentes dinámicas de traballo ao longo da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes