Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Deseño, desenvolvemento e avaliación do currículo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A21 A26 A30 B1 B5 B6 B14 B15 B24 C4 Os traballos tutelados realizados polos diferentes grupos de alumnos/as serán avaliados a partir dos seguintes criterios:
-A profundidade do contido.
-O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
-A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
-A presentación e a claridade da exposición.
Trátase dun traballo fundamentalmente grupal, pero na parte da exposición oral pode facerse unha avaliación máis individualizada a través das preguntas que se realicen a cada membro do grupo. De ser o caso, esta avaliación individualizada non representará nunca máis dun 10% da cualificación que lle corresponde a esta metodoloxía de avaliación.
40
Proba obxectiva A1 A4 A13 A20 A26 A28 B3 B6 B10 B11 B14 B15 B22 C7 C8 A proba obxectiva de carácter individual, estará composta por corenta preguntas sobre os sete temas que constitúen a materia. Cada pregunta presentará tres alternativas de resposta das cales haberá que elixir a correcta.
As preguntas que se formulen aludirán tanto aos contidos teóricos da materia, como aos contidos prácticos, esixindo un elevado nivel de relación entre eles.
superar a proba implica abordar a materia desde un punto de vista global, sabendo establecer as múltiples relacións que se poden establecer entre os contidos abordados nos sete núcleos temáticos que a conforman, e que contribúen a entender a complexidade da función do/a docente en Educación Infantil en termos de deseño, desenvolvemento e avaliación do currículo.
60
 
Observacións avaliación
  1. O grao ten carácter presencial. O alumnado que por motivos comunicados á profesora ao inicio do
    curso non poda acudir ás sesións presenciais ou ao finalizar as mesmas
    teña unha asistencia inferior ao 85%. ademais dos traballos que en cada caso particular se especifiquen,
    realizará un examen con carácter obrigatorio ao final do cuadrimestre
    na data sinalada oficialmente. Este examen terá un valor do 80% do total
    da nota final.
  2. O criterio anterior é
    aplicable ao alumnado repetidor que non cumpla co 85% de asistencia, así como ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
    dispensa académica de exención de asistencia, que faga uso de dita
    dispensa.
  3. Calquera circunstancia persoal que poida alteirar o seguimento da
    materia por parte do alumnado deberá ser comunicada de inmediato para a
    súa oportuna e axeitada consideración e mesmo para tomar as medidas a
    que houbera lugar en cada caso.
  4. Na 2ª oportunidade, os criterios de avaliación serán os mesmos que os propostos para a 1ª convocatoria.
  5. O alumnado repetidor que teña esgotadas un mínimo de dúas convocatorias
    de avaliación poderá solicitar á docente unha modalidade de exame
    difernte á do grupo ordinario. A docente valorará persoalmente cada
    situación e, de acordar realizar un exame diferente ao do resto do
    grupo, este acordo deberá ser asinado tanto pola docente como polo
    alumno ou alumna afectado, para que a proba poida ser realizada e
    avaliada.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes