Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Socioloxía da educación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Explicación por parte do profesor dos contidos teórico/prácticos xerais, más suliñables e necesarios para comprender a socioloxía da educación e para levar a cabo o traballo de investigación.
Discusión dirixida Trátase de agudizar o razoamento crítico nas materias de educación e o seu significado sociolóxico no proceso de cambio social existente na actualidade.
Nesta parte da asignatura tamén se procura fomentar o traballo e espírito de equipo, noutras palabras, desenvolver a chamada intelixencia social; de xeito que o alumnado poda ver por sí mesmo as vantaxes de xuncir esforzos, fronte á empresa individual. Para acadar isto, así como para o conxunto da asignatura, se presenta o contido referido á parte práctica, no que tamén resulta fundamentel a discusión dirixida, tanto nas clases como nas titorías.
Polo tanto, a asistencia e participación estímanse fundamentais no plantexamento da asignatura. Un dos obxectivos principais de calquera plantexamento didáctico debería conseguir a máxima implicación posible por parte do alumnado. E uns bos indicadores da mesma son, sen dúbida, a asistencia e a participación do alumnado no desenvolvemento das clases, no ensino e na aprendizaxe. Por un lado, unha asistencia non coercitiva, senón acadada a traveso de despertar o interese e, polo tanto, o seguimento voluntario da asignatura. Asimesmo, a participación tamén supón un valor a fomentar e acadar no desenvolvemento destas clases, que os alumnos participen, ben facendo preguntas, debatindo, pedindo máis información, nas titorías, etc. En definitiva, estamos a falar da importancia que ten o traballo participativo do alumnado nas clases.
Traballos tutelados Cara ao traballo de investigación, o curso terá un calendario de entregas das sucesivas fases do mesmo: proxecto, marco teórico, parte empírica e análises.
Estas partes teñen adicada a parte práctica da asignatura, desenvolvéndose mediante as correspondentes titorías.
Estas partes ou traballos terán un calendario de entregas, que serán en formato arquivo, perante correo electrónico.
Investigación (Proxecto de investigación) O Traballo Teórco Práctico constitue o núcleo central da asignatura, tanto no que se refire á actividade a desenvolver polo alumnado como polo que respecta a súa avaliación.
O alumnado escollerá libremente o seu obxetivo de estudo dentro do campo da Socioloxía da Educación, procurando ter unha orientación hacia os diagnósticos, problemas e propostas.
O traballo pode ser individual ou colectivo, coas conseguintes ponderacións do mesmo neste último caso.
Establécese como forma de entrega final do mesmo mediante arquivo adxunto a través do correo electrónico.
Aprendizaxe colaborativa O traballo en grupo, con plantexamentos baseados no que se coñece como intelixencia social, é un dos pilares do plantexamento desta materia, co formato obradoiro que se explicita nesta guía docente. De maneira que o alumnado se responsabilice, asuma, dirixa e saque rendimentos gracias ás aportacións propias e dos demáis, incluido o profesor, que é a fonte de información principal. Así, o que se busca é cambiar o concepto e a costume dunha aprendizaxe baseada na individualidade, na exclusividade, para ilo cambiando hacia a aprendizaxe inclusiva, máis rica en aportacións, perspectivas, etc. e da que pode sacar máis partido o alumnado.
Obradoiro O obradoiro constitúe o eixo sobre que se pretende operativizar a materia. Para elo, o plantexamento é facer da aula un lugar de traballo, tratando de reproducir ao máximo o que sería un espazo de traballo normal ou común na nosa área ou terreo. Para elo, o alumnado deberá asumir que ven a traballar, non simplemente a escoitar, que é un membro ou parte activa e non pasiva. Procurarase que o obradoiro supoña tanto o traballo a desenvolver como o núcleo central da avaliación. Para elo, o obxectivo principal do obradoiro é facer o traballo de investigación necesario para aprobar a materia. De aí que a asistencia, participación, interese, relacións e valoracións, así como outros aspectos a ter en conta no desenvolvemento do traballo en grupo, sexan os contidos a desenvolver e ter en conta.
Lecturas Lectura, por parte do alumnado, de textos fundamentais ou relacionados coa asignatura, entre os indicados polo profesor e, no seu caso, propostos polo propio alumnado; así como aqueles outros necesarios para levar a cabo os traballos titelados e a investigación final.
Análise de fontes documentais Nese traballo, o marco teórico e recollida de información (secundaria) existente sobre o obxectivo da investigación fixado polo alumnado, co asesoramento do profesor, supón unha parte fundamental.
Tanto no coñecemento dos contidos da asignatura como para a realización dos traballos e a investigación, resulta necesaria a familiarización, consulta e coñecemento das diferentes fontes de información secundaria, entre as que nesta asignatura destacan teorías, correntes, escolas, etc.
Presentación oral Si a disposición de tempo o permite, os traballos serán presentados en clase, tanto para que o resto de compañeiros podan saber deles, como para ir practicando este tipo de facetas do traballo técnico
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes