Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Socioloxía da educación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A2 A6 A11 A13 A15 A25 A6 B16 B18 B22 B23 B24 B25 B18 O alumnado, de forma individual ou colectiva, realizará o traballo/proxecto de carácter teórico práctico.
Este traballo estará dirixido ou titelado polo profesor.
É a proba ou contido principal da avaliación da asignatura e nel deberase reflectir os coñecementos impartidos nas sesións maxistrais, das lecturas así como da investigación propia (información primaria ou parte empírica) levada a cabo sobre o tema acordado co profesor e do que se deben facer entregas periódicas das súas diferentes partes (proxecto, marco teórico, parte empírica, análise e conclusións), tal e como se recolle no apartado dos traballos titelados.
40
Discusión dirixida A2 A11 A13 A14 A19 A2 A11 B16 B21 B23 B24 B24 C4 C6 C8 Trátase de agudizar o razoamento crítico nesta materia e utilizar as categorías de análise plantexadas en cada sesión dedicada ós temas de discusión.
Esta parte de asignatura intentará medir ou avaliar a participación, implicación e interese do alumno. O que, xunto coa asistencia correspondente, vería a supoñer aproximadamente un 20% da avaliación final.
10
Traballos tutelados A1 A9 A23 A9 A23 B15 B22 B25 B15 B22 C7 De cara ao proxecto a investigación final, establécense unha serie de fases ou etapas de traballos titelados, que deberán informarse ao profesor e entregarse dacordo ao calendario establecido a este efecto.
Estas fases e/ou partes son: proxecto, marco teórico, parte empírica, análise e conclusións.
As entregas periódicas das diferentes fases e partes do traballo de investigación terán carácter obrigatorio e serán tidas en conta á hora de avaliar o seguimento e cumprimento de ditos prazos de entrega.
10
Obradoiro A11 A13 B15 B23 B24 B25 C4 C6 C8 O obradoiro é para desenvolver un lugar de traballo no que o alumnado desempeñe o máis correctamente posible as súas funcións, entre as que están a asistencia, participación, aportacións válidas, resultado final, etc.
Así pois, neste apartado se van a ter en conta todos esos aspectos.
30
Presentación oral A2 A6 A11 A13 A14 B18 B19 B22 B23 B25 C4 Outro dos aspectos importantes na formación do alumnado é o seu desenvolvemento á hora de facer e presentar informes de carácter técnico, de aí que no plantexamento da asignatura se asuma esta faceta como entrenamento e aprendizaxe de cara á formación completa e persoal do alumnado 10
 
Observacións avaliación
Esta asignatura está plantexada para ser cursada presencial e participativamente, xa que a súa avalidación na convocatoria ordinaria pretende ser o máis integral posible (coñecementos teóricos adquiridos, traballo práctico ou habilidade técnica, interese, actitude, etc.). De aí que a asistencia, a participación, o interese, as valoracións propias e dos compañeiros e a exposición sexan tidas en conta á hora da avaliación.

A avaliación baséase sobre todo na elaboración dun traballo teórico-práctico. Sendo a participación, o interese mostrado e a asistencia os outros pilares da asignatura.

Entenderase por avaliación suficiente para superar a asignatura na súa primeira convocatoria ordinaria obter un 50% entre as metodoloxías descritas.

Esta avaliación é específica para a primeira convocatoria ordinaria da asignatura, é dicir, aquela constituida por unha avaliación continua.

Para esta avaliación continua, será necesaria a asistencia mínima a un 80% das clases. Nos casos debidamente xustificados de ausencias ou prácticas, esta porcentaxe mínimo será do 60%.

Para o resto de casos e convocatorias haberá unha proba escrita ou examen, no que ademáis dos contidos teóricos se inclúe un soposto de carácter práctico.

O traballo participativo so será válido para a primeira convocatoria e a súa correspondente avaliación continua.

Para o resto de convocatorias que non sexan á primeira ordinaria, non se gardan puntuacións nin traballos ou probas anteriores.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes