Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Psicoloxía do desenvolvemento de 0 a 6 anos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A3 A15 B1 B5 B11 B24 C4 C6 C7 Traballo en grupos de catro persoas que consiste na realización de actividades a facer na aula e fóra dela para cada un dos temas. Estas actividades colaborativas serán basicamente de orientación-execución ou demostración-práctica. Este traballo realizarase para que o alumnado comprenda significativamente a información e a integre na súa estrutura de coñecementos. 0
Traballos tutelados A2 A4 B1 C6 Informe do traballo individual e grupal realizado para a elaboración de actividades de orientación-execución e de demostración-práctica.
Este informe entregarase a través da plataforma virtual Moodle da Universidade da Coruña.
20
Análise de fontes documentais B11 Busca de fontes documentais para descubrir os contidos propios e específicos da disciplina e o currículo da educación infantil. 0
Investigación (Proxecto de investigación) A2 A4 B1 B5 B11 C6 C7 Trátase de identificar, analizar e estudar algunhas das características psicoevolutivas dunha pequena mostra de alumnado de infantil e elaborar informes/artigos psicoeducativos, a partir da observación participativa ou da aplicación de probas, en base aos datos obtidos. Todo isto farase a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Este informe entregarase a través da plataforma virtual Moodle da Universidade da Coruña.
40
Proba de ensaio A2 A4 Proba de carácter individual para verificar o grao de adquisición das competencias do "saber" e "saber facer". 40
 
Observacións avaliación

1ª CONVOCATORIA. 1ª
OPORTUNIDADE

Dependendo da asistencia continuada ou non as clases, hai dúas
modalidades de seguir a materia de “Psicoloxía do desenvolvemento de 0 a 6
anos” que determinan dous modos diferentes de avaliación: Modalidade A:
Avaliación Continua e Modalidade B de Avaliación Final 



Modalidade A.
Avaliación Continua
. Nesta modalidade levarase a cabo unha avaliación
de tipo procesual consistente na realización dunha serie de actividades e
prácticas de cada tema realizadas en grupo co seguimento periódico das mesmas.
Por tanto será obrigatoria a asistencia ás clases (como mínimo o 85% das horas
presenciais, é dicir, só se poderá faltar un máximo de 4 módulos no
cuadrimestre con ou sen xustificación, en caso contrario deberase optar pola
modalidade B), sendo imprescindíbel ademais a participación activa e continuada
por parte do alumnado no grupo de traballo na aula (no caso de non ser así
contabilizarase como unha ausencia). Esta avaliación levarase a cabo a partir:

a/ Da exposición oral e presentación por escrito das actividades
de grupo de cada un dos temas (traballos tutelados) que suporán un máximo dun
20% da cualificación 

b/ Da presentación por escrito das prácticas grupais que se
suxiren para cada tema (investigación -proxecto de investigación-) e que
suporán un máximo do 40% da cualificación.

c/ Da proba do ensaio individual sobre os contidos
teórico-prácticos da materia. Isto representa como máximo un 40% da
cualificación.

Para superar satisfactoriamente a materia será necesario presentar
todas as actividades e prácticas propostas para cada tema  e realizar a
proba de ensaio individual, obtendo en cada unha delas o 50% do peso da
cualificación e participar no traballo non presencial como mínimo nun 85% das
horas traballadas.

A cualificación final será a suma das puntuacións obtidas en cada
un dos elementos da avaliación segundo o seu peso respectivo. No caso de non
superar algunha das partes obrigatorias, a nota final será a nota da parte non
superada.


Modalidade B
. Avaliación Final. Para aquel
alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais ou con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia,  a cualificación virá determinada por unha proba final escrita
dos contidos teórico-prácticos da materia.

             1ª CONVOCATORIA. 2ª OPORTUNIDADE

- Na Modalidade A. Terase que repetir a parte obxecto de
avaliación en que non se acadou o 50% do seu peso na cualificación

- Na Modalidade B. A avaliación realizarase segundo o
sinalado para a 1ª oportunidade.

OUTRAS CONVOCATORIAS

Nas restantes convocatorios seguirase a Modalidade B de Avaliación Final,
isto é proba escrita dos contidos teórico-prácticos da materia do curso
académico correspondente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes