Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Psicoloxía da aprendizaxe en contextos educativos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 B1 B5 C7 É unha carpeta ou arquivador de cada grupo de traballo, ordenado por temas, que contén as actividades prácticas de aprendizaxe realizadas polo alumnado da materia.
Este portafolios que integra as metodoloxías de aprendizaxe cooperativo, traballos tutelados, estudo de casos e análise de fontes documentais será o material que se contemple na avaliación.
O traballo ou actividades prácticas de cada un dos temas serán subidos á plataforma virtural Moodle da UDC.
40
Traballos tutelados A5 A6 B1 Trátase de estudar algunhas das variábeis ou factores da aprendizaxe escolar e elaborar informes/artigos en base a busca e análise de documentación científica e datos. Estes traballos faranse en grupos non superiores a catro persoas. 0
Aprendizaxe colaborativa B5 B24 C4 Traballo en grupos de catro persoas que consiste na realización de actividades a facer na aula e fóra dela para cada un dos temas. Estas actividades colaborativas serán basicamente de orientación-execución ou demostración-práctica. 0
Análise de fontes documentais B11 C6 Busca de fontes documentais para descubrir os contidos propios e específicos da disciplina e o currículo da educación infantil. 0
Proba de ensaio A1 Proba de carácter individual para verificar o grao de adquisición das competencias do "saber" e "saber facer". 60
 
Observacións avaliación

1ª CONVOCATORIA. 1ª
OPORTUNIDADE

Dependendo da asistencia continuada ou non as clases, hai dúas
modalidades de seguir a materia de “Psicoloxía da aprendizaxe en contextos educativos” que determinan dous modos diferentes de avaliación: Modalidade A:
Avaliación Continua e Modalidade B de Avaliación Final 



Modalidade A.
Avaliación Continua
. Nesta modalidade levarase a cabo unha avaliación
de tipo procesual consistente na realización dunha serie de actividades e
prácticas de cada tema realizadas en grupo co seguimento periódico das mesmas.
Por tanto será obrigatoria a asistencia ás clases (como mínimo o 85% das horas
presenciais, é dicir, só se poderá faltar un máximo de 4 módulos no
cuadrimestre con ou sen xustificación, en caso contrario deberase optar pola
modalidade B), sendo imprescindíbel ademais a participación activa e continuada
por parte do alumnado no grupo de traballo na aula (no caso de non ser así
contabilizarase como unha ausencia). Esta avaliación levarase a cabo a partir da:

a/ exposición oral e presentación por escrito (vía moodle) de todas as actividades
e prácticas grupais de cada un dos temas que suporán un máximo dun 40% da cualificación. Nas actividades poderá obterse até un 15% da cualificación, sempre e cando nas sesións interactivas se participe activamente na súa realización e na sesión de exposición oral para a súa corrección estean todas realizadas. O 25% restante poderá obterse a partir da realización e presentación das prácticas.

b/ proba do ensaio individual sobre os contidos
teórico-prácticos da materia. Isto representa como máximo un 60% da
cualificación.

Para superar satisfactoriamente a materia será necesario presentar
todas as actividades e prácticas propostas para cada tema  e realizar a
proba de ensaio individual, obtendo en cada unha delas o 50% do peso da
cualificación e participar no traballo non presencial como mínimo nun 85% das
horas traballadas.

A cualificación final será a suma das puntuacións obtidas en cada
un dos elementos da avaliación segundo o seu peso respectivo. No caso de non
superar algunha das partes obrigatorias, a nota final será a nota da parte non
superada.


Modalidade B
. Avaliación Final. Para aquel
alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais ou con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia,  a cualificación virá determinada por unha proba final escrita
dos contidos teórico-prácticos da materia.

      1ª CONVOCATORIA. 2ª OPORTUNIDADE

- Na Modalidade A. Terase que repetir a parte obxecto de
avaliación en que non se acadou o 50% do seu peso na cualificación

- Na Modalidade B. A avaliación realizarase segundo o
sinalado para a 1ª oportunidade.

OUTRAS CONVOCATORIAS

Nas restantes convocatorios seguirase a Modalidade B de Avaliación Final,
isto é proba escrita dos contidos teórico-prácticos da materia do curso
académico correspondente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes