Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Educación inclusiva e multicultural
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Educación inclusiva e multicultural Código 652G01011
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Depalma Ungaro, Renee
Correo electrónico
r.depalma@udc.es
Profesorado
Castro Rodríguez, Mª Montserrat
Depalma Ungaro, Renee
Correo electrónico
maria.castror@udc.es
r.depalma@udc.es
Web
Descrición xeral A materia Educación inclusiva e multicultural comprende as estratexias prácticas e as reflexións críticas que posibilitan unha educación para a xustiza social no nivel máis temperán do ensino. Realízase unha análise da diversidade humana en termos de diferenza de capacidades, xénero, sexualidade, nacionalidade, pobo, procedencia xeográfica (rural/urbano, norte/sur), relixión, clase social, etnia, lingua ou variante dialectal, por nomear algunhas das «diferenzas que fan una diferenza» dentro e fóra do ámbito escolar. Isto implica unha «atención á diversidade» cultural e funcional que transcende un enfoque estritamente dirixido aos problemas e ás necesidades particulares dos individuos para reparar nos procesos socias sistemáticos que contribúen a converter as diferenzas humanas en desigualdades. Examínanse as conexións que existen entre as contornas educativas e outras esferas socioculturais relevantes para as nenas e nenos máis novos: o seo familiar, os medios de comunicación e a cultura popular, as comunidades locais e globais, os estados-nación e as relacións transnacionais das migracións, ou os dereitos humanos recoñecidos a nivel nacional e internacional; e revélanse e analízanse as presuncións, estereotipos e prexuízos que se producen e reproducen nestes contextos sociais.
Plan de continxencia En caso de que, pola situación sanitaria, a docencia terá que renunciar a presencialidade, se tomarán as seguintes medidas: 1. Modificacións nos contidos Non haberán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen As clases expositivas virtuais As clases interactivas virtuais – tanto síncronas (por Teams) coma asíncronas (por foros na plataforma Moodle) *Metodoloxías docentes que se modifican As clases interactivas que son presenciais pasaranse a una das modalidades virtuais 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado As titorías serán de modalidade virtual – por Teams 4. Modificacións na avaliación Non haberán cambios *Observacións de avaliación: A avaliación será exclusivamente continua, por medio de tarefas e traballos que se entregan pola plataforma Moodle 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non haberán cambios – todos os materiais de consulta obrigatoria serán dispoñibles na plataforma Moodle
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes