Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Deseño de ambientes de aprendizaxe, materiais e recursos didácticos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B1 B2 B3 B5 B6 B7 B9 B10 B17 Os grupos de traballo procederán a realizar presentacións orais dos aspectos fundamentais dos Traballos Tutelados. Esta actividade de aprendizaxe será necesaria para recoller o nivel de participación e terá peso na avaliación de maneira que dita presentación ten que obter unha valoración positiva. 1
Sesión maxistral A1 A5 A6 A9 A10 A12 A13 A19 A21 A23 A28 A30 A32 B1 B3 B6 B9 B10 B13 B14 B15 B17 B24 C4 Os estudantes participarán nas sesións maxistrais, para poder acollerse na opción A que se presenta como unha das modalidades de avaliación nas observacións. No caso de que as sesións sexan virtuais recosiderarase a asistencia. 1
Traballos tutelados A1 A5 A6 A9 A10 A12 A13 A19 A21 A23 A28 A30 A32 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B16 B17 B22 B24 C4 C6 C7 C8 Os Traballos Tutelados desenvolveranse ao longo de todo o cuadrimestre a partir dun tema elixido. Os traballos serán levados a cabo en grupo. O traballo virá desenvolver un esquema cos diversos apartados e será sintetizado en formato de artigo.
É condición imprescindible aprobar o traballo tutelado e a presentacións orales para que a cualificación alcanzada na proba ensaio sexa considerada.
49
Proba de ensaio A1 A5 A6 A9 A10 A12 A13 A19 A21 A23 A28 A30 A32 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B16 B17 B22 B24 C4 C6 C7 C8 Consistirá nunha proba sobre os contidos teórico-prácticos da materia. Esta proba versaría sobre as lecturas individuais realizadas, o traballo tutelado grupal e sobre os contidos traballados nas clases. É condición imprescindible superar esta proba para que o traballo tutelado e a presentación oral sexan considerados para a súa cualificación.Para ser considera a proba ensaio, haberán de responderse todas as preguntas. Se as circunstancias así o requirisen, poderá realizarse cambios no formato da proba, optándose por unha modalidade de pregunta curta e/ou múltiple.
49
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE:



OPCIÓN A: alumnado que segue as clases expositivas e
participa nas sesións interactivas



Realizará: un traballo grupal que se sintetizará en
formato artigo, exposición oral e unha proba específica.  Para aprobar a materia todas as partes
deberán estar superadas. A porcentaxe que un estudante queda dispensado de
asistencia será dun quince por cento como máximo.O caso de que as sesións sexan virtuais recosiderarase a asistencia.



OPCIÓN  B: alumnado
con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia, que non segue as clases expositivas e tampouco participa
nas sesións interactivas. 



Realizará un traballo individual que se sintetizará en
formato de artigo e resolverá, igualmente, unha proba específica, indicada para
esta situación. Para aprobar a materia ambas as partes deberán estar aprobadas.



O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo
parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá contactar coa
profesora ao longo das tres primeiras semanas do comezo do cuadrimestre, co fin
de poder obter as orientacións pertinentes para poder conseguir unha avaliación
positiva no desenvolvemento da materia.



SEGUNDA OPORTUNIDADE



Todos os estudantes, incluídos aqueles con recoñecemento
de dedicación a tempo parcial e dispensa académica, que non lograsen aprobar na
primeira oportunidade terán que levar a cabo as modificacións oportunas do
traballo e/ou repetir a proba, en función dos resultados logrados na primeira
oportunidade.



OBSERVACIÓNS:



Os traballos realizados subiranse á plataforma Moodle.



Farase un uso sostible dos recursos.



Respectaranse principios éticos tan importantes como a
confidencialidade da información, e o respecto ao anonimato das persoas que
faciliten datos para o seu uso nos traballos. 



 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes