Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Educación matemática
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Educación matemática Código 652G01014
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Mato Vázquez, Mª Dorinda
Correo electrónico
m.matov@udc.es
Profesorado
Mato Vázquez, Mª Dorinda
Torre Fernandez, Enrique de la
Correo electrónico
m.matov@udc.es
enrique.torref@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia está orientada a consolidar e profundizar a formación do profesor de Educación Infantil, dende a Educación Matemática. Pretende: -Consolidar a formación matemática necesaria que permita ter un coñecemento profundo dos contidos matemáticos básicos que configuran o currículo da Educación Infantil. -Coñecer e exemplificar o carácter interdisciplinario e construtivo das matemáticas e a utilidade do coñecemento matemático. -Capacitar para consultas e traballo documental sobre o currículo de matemáticas en Educación Infantil e aspectos xerais da Didáctica da Matemática. -Fomentar o espírito crítico e investigador e a capacidade de expresarse con claridade, precisión e rigor; lograr o desenvolvemento de competencias de autoformación de traballo cooperativo. -Coñecer os medios, materiais, e recursos usuais na ensino-aprendizaxe das Matemáticas en Educación Infantil. -Adquirir destrezas no emprego de instrumentos, técnicas e material didáctico na área de matemáticas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non hai modificacións. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Manteránse todas as metodoloxías, desenvolvéndose a través do Teams. *Metodoloxías docentes que se modifican Non é preciso modificar ninguna metodoloxía. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado En caso de situacións de alarma, atenderase ao alumnado en horario de titorías, e noutros horarios, tanto a través do correo electrónico como da plataforma TEAMS. 4. Modificacións na avaliación Non hai modifiacións, xa que está prevista unha avaliación continua. A correspondente presentación do traballo final farase de forma virtual. *Observacións de avaliación: Non hai 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes