Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Didáctica da lingua galega
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Didáctica da lingua galega Código 652G01015
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Muriano Rodríguez, María Montserrat
Correo electrónico
montserrat.muriano@udc.es
Profesorado
Muriano Rodríguez, María Montserrat
Correo electrónico
montserrat.muriano@udc.es
Web http://http://ensinardeleitando.blogspot.com/
Descrición xeral O obxectivo da materia é proporcionar un marco teórico e metodolóxico para o traballo da lingua galega na aula. Trátase, en primeiro lugar, de facer consciente o alumnado do carácter transversal do ensino lingüístico e da responsabilidade das mestras e mestres como modelos de lingua. Incidirase, neste sentido, na importancia de adquirir unha competencia lingüística e comunicativa suficiente en lingua galega. Estudaranse, de modo xeral, os condicionamentos do ensino en contextos de contacto lingüístico e, máis especificamente, as características do caso galego. Esta análise servirá para fundamentar as estratexias que se poñan en práctica na aula de Educación Infantil para o ensino-aprendizaxe da lingua. A materia introducirá cuestións curriculares que atinxen a todo o bloque de Linguaxe Verbal e tentará familiarizar as alumnas e alumnos coa programación didáctica neste ámbito. Afondarase en particular no traballo para o desenvolvemento das habilidades lingüísticas orais, a través de prácticas como o conto contado, a asemblea ou os xogos de lingua.
Plan de continxencia
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes