Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Subjects
  Galician Language Teaching
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Aprendizaxe servizo A19 A23 A48 A59 A60 A62 A63 B4 B5 B6 B8 B15 B19 B22 B23 B24 A actividade realizarase en grupo e componse de:
- O deseño dunha proposta didáctica arredor da literatura de tradición oral e a súa aplicación nunha aula de Educación Infantil. A práctica gravarase en vídeo para a súa posterior presentación na clase e debate co resto dos grupos. (25% da cualificación)
- Un traballo de reflexión sobre o proceso de deseño e aplicación da proposta didáctica. Valorarase a capacidade de observación e de autocrítica, así como a integración dos coñecementos adquiridos no conxunto da materia. Terase especialmente en conta a claridade expositiva e a corrección expresiva. (25% da cualificación)
50
Long answer / essay questions A4 A13 A31 A42 A44 A45 A46 A47 A50 A51 A62 B3 B9 B10 B11 B12 B17 B19 B22 C1 Proba consistente en preguntas de certa amplitude, en que se valora o coñecemento dos contidos, a capacidade de razoamento e o espírito crítico, así como a claridade expositiva e a corrección expresiva. 50
 
Assessment comments

Requisitos

O alumnado debe ser capaz de se expresar correctamente en lingua galega,
tanto oralmente como por escrito. O dominio destas destrezas é
preceptivo para aprobar a materia.

Modalidades de avaliación

Estabelécense dúas modalidades de avaliación:

1. Para as persoas que formen grupo (constituído por un mínimo de catro persoas) e asistan regularmente ás clases:

  • unha tarefa colaborativa: a actividade de aprendizaxe servizo, dividida á súa vez no deseño e aplicación da proposta didáctica (25% da cualificación) e no traballo de reflexión (25% da cualificación);
  • unha tarefa individual: unha proba de ensaio breve (50% da cualificación).

Para superar a materia é preciso ter aprobadas todas as probas. As persoas que concorran á oportunidade de xullo só repetirán as partes suspensas.

O traballo colaborativo é fundamental nesta modalidade de avaliación, polo que se debe asistir a un mínimo do 80% das sesións interactivas; así pois, a docente fará un seguimento de asistencia.

2. Para as persoas que non formen grupo ou non asistan regularmente ás clases:

  • unha única tarefa individual: unha proba de ensaio extensa (100% da cualificación).

Entrega dos traballos

Os traballos entregaranse en formato dixital a través da plataforma Moodle.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes