Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Didáctica da expresión corporal
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Didáctica da expresión corporal Código 652G01020
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Varela Garrote, Lara
Correo electrónico
lara.varela@udc.es
Profesorado
Gonçalves López, María Paz
Varela Garrote, Lara
Correo electrónico
paz.goncalves@udc.es
lara.varela@udc.es
Web http://campusvirtual.es/moodle/
Descrición xeral A presenza da motricidade no currículo oficial entre os 0 a 6 anos é relevante. Pero o seu interese pódese comprobar mellor observando como a infancia emprega xogo e movemento de forma espontánea para coñecer o mundo que lle rodea e adaptarse a el. O xogo e a motricidade van ser os principais vehículos a través dos cales os nenos e nenas en idade infantil adaptaranse ao mundo que os rodea. Con eles van experimentar, coñecer, observar, reter, aprender, a educarse. Por iso é polo que estes contidos -xogo e movemento-, van ser os eixos principais da materia. Aínda que a infancia vai experimentar a motricidade de forma global, o estudiantado da materia analizará a través de diversas temáticas e tendo como referencia o currículo desta etapa, os compoñentes principais da motricidade nestas idades: as capacidades perceptivo-motoras, as habilidades motrices, as capacidades expresivas e o xogo como contido articulador de todos os demais. A parte de coñecer estes aspectos teóricos e o seu desenvolvemento, os estudantes aplicaranos en propostas de carácter práctico. Outro aspecto de interese que se verá na materia é a importancia do asentamento de hábitos saudables nestas idades. Nos últimos tempos o índice de obesidade infantil viuse incrementado de forma considerable e faise necesaria unha formación de base para que nas Escolas Infantís se colabore para frear o seu acelerado crecemento. Os coñecementos achegados pola materia de Didáctica da Expresión Corporal pretenden estudar, explorar, descubrir e vivenciar todas aquelas manifestacións motrices dentro dunha formulación global, para dotar ao futuro Graduado Educación Infantil non só de coñecementos e vivencias, senón tamén de estratexias e formas de ensinar teórico-prácticas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: – Análise de fontes documentais. – Sesión maxistral. – Presentación oral. – Traballos tutelados. – Probas de resposta breve. – Discusión dirixida. *Metodoloxías docentes que se modifican: "Práctica de actividade física", "actividades iniciais" e "saídas de campo" (non se realizarán e o desenvolvemento das competencias ligadas a estas metodoloxías se incorpora ás metodoloxías "Análise de fontes documentais", "Sesión maxistral”, “Presentación oral”, “Traballos tutelados”, “Probas de resposta breve” e "Discusión dirixida"). 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Mantense a dedicación prevista para a atención personalizada, que se realizará a través das seguintes canles, tendo o alumno a posibilidade de seleccionar cales deles quere empregar, en función das súas necesidades e posibilidades de comunicación: titorías en directo a través da área de traballo “Teams” da UDC, mediante videoconferencia, conexión de audio ou chat; a través do correo electrónico institucional; a través dos chats e foros dispoñibles en Moodle. 4. Modificacións na avaliación Non se realizarán cambios. *Observacións de avaliación: Non se realizarán cambios. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios, porque a posibilidade de ampliar a bibliografía está sinalado na guía orixinal.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes