Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Deseño de proxectos educativos de 0 a 3 anos
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Deseño de proxectos educativos de 0 a 3 anos Código 652G01021
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Espido Bello, Xosefa Eva
Correo electrónico
eva.espido.bello@udc.es
Profesorado
Espido Bello, Xosefa Eva
Iglesias Amorin, Fernando
Correo electrónico
eva.espido.bello@udc.es
f.amorin@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia persegue que os futuros docentes de Educación Infantil sexan capaces de analizar os deseños curriculares, modelos e prácticas desenvolvidas para o primeiro ciclo de Educación Infantil. Pretende tamén que o alumnado adquira os coñecementos necesarios para deseñar e avaliar proxectos educativos que potencien prácticas críticas comprometidas co desenvolvemento, non só da infancia, senón tamén de todas as persoas implicadas nas institucións onde se van desenvolver.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas, coas adaptacións necesarias (mencionadas no apartado de atención personalizada), no caso de que se precise pasar á docencia non presencial. *Metodoloxías docentes que se modifican Ningunha. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: para consultas puntuais e para solicitar titorías virtuais. - Moodle: para informar de novas, facilitar materiais, entregar tarefas, desenvolver debates a través de foros e realizar probas. - Teams: para as sesións maxistrais, en grande grupo, e para as sesións interactivas, en pequenos grupos, nas franxas horarias asignadas á materia, para o seguimento do traballo. Tamén se utilizará esta ferramenta para a realización das titorías individuais e grupais (previamente concertadas a través do correo electrónico). 4. Modificacións na avaliación As probas realizaranse a través de Moodle. Empregarase Teams como ferramenta de apoio ao exame. *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. O alumnado deberá recoller en reprografía, ao comezo do cuadrimestre, o dosier de documentación elaborado para traballar a materia e adquirir o libro de lectura obrigatoria.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes