Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Subjects
  Curriculum Design in Education Projects (0 to 3 years)
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A3 A5 A6 A10 A13 A21 A23 A28 A30 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B13 B15 B16 B17 B22 B24 C4 C6 C8 Para avaliar os traballos teranse en conta os seguintes aspectos:

ELABORACIÓN:
- Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.
- Contido: Comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre e relacións entre eles.

EXPOSICIÓN:
- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva.
40
Mixed objective/subjective test A3 A6 A13 A28 A30 B1 B2 B3 B9 B10 B11 B14 B17 B22 B24 C4 C6 A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 60
 
Assessment comments

Requisitos para superar a materia (para o alumnado con dedicación a tempo completo e para o que ten recoñecida a dedicación a tempo parcial):

- Asistir e participar regularmente nas actividades da clase (asistencia mínima do 80%).

- Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados e proba mixta).



-
Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique, que será
previa á do exame oficial. Para presentarse ao exame é condición indispensable
ter entregado e exposto o Proxecto. Recoméndase enviar os traballos telematicamente
e, de non ser posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a dobre cara,
empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso
sostible dos recursos e prever impactos negativos sobre o medio natural. Débese
ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da
sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.



- O
sistema de avaliación poderá flexibilizarse segundo estime pertinente o/a
docente que imparta a materia en cada grupo.



- A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos requisitos que a de xaneiro.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes