Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Literatura infantil e a súa didáctica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A57 A55 A54 A51 A50 A49 A47 A46 A45 A44 A43 A42 A41 A40 A37 A29 A28 A23 A13 A6 A4 A1 B25 B24 B22 B20 B19 B17 B16 B15 B12 B11 B10 B7 B6 B5 B4 B3 B1 C1 C3 C4 C7 C8 Traballo en grupo que se entregará por escrito e se presentará oralmente. 60
Resumo A1 A4 A6 A13 A23 A28 A37 A42 A44 A45 A46 A47 A50 A51 A54 A55 A57 B3 B10 B11 B12 B17 B19 B20 B22 B24 C1 C4 Proba consistente nunha síntese persoal dos coñecementos adquiridos ao longo da materia, en que se valora o dominio dos contidos, a capacidade de razoamento e o espírito crítico, así como a claridade expositiva e a corrección expresiva. 40
 
Observacións avaliación

Modalidades de avaliación

Estabelécense dúas modalidades de avaliación:

1. Para as persoas que formen grupo (constituído por un mínimo de catro persoas) e asistan regularmente ás clases:

  • unha tarefa colaborativa: o traballo tutelado (60% da cualificación);
  • unha tarefa individual: o resumo (40% da cualificación).

Para superar a materia é preciso ter aprobadas ambas as probas. As persoas que concorran á oportunidade de xullo só repetirán a parte
suspensa.

O traballo colaborativo é fundamental nesta modalidade de avaliación, polo que se realizará un seguimento da asistencia do alumnado ás sesións interactivas.

Ao longo do curso poderase propor algunha actividade opcional, que suporá un pequeno incremento na nota final.

2. Para as persoas que non formen grupo ou non asistan regularmente ás clases:

  • unha única tarefa individual: unha proba mixta (100% da cualificación).

Entrega dos traballos

Os traballos entregaranse en formato dixital a través da plataforma Moodle.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes