Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Xogos motores
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Xogos motores Código 652G01030
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Varela Garrote, Lara
Correo electrónico
lara.varela@udc.es
Profesorado
Varela Garrote, Lara
Correo electrónico
lara.varela@udc.es
Web
Descrición xeral Dentro do perfil formativo do Grado en Educación Infantil contémplase esta asignatura (Xogos Motores) que completa a formación do futuro docente cara a un traballo no ámbito do xogo que permita dar resposta ás demandas sociais existentes. Consideramos esta materia de gran interese dentro da formación do futuro Graduado en Educación Infantil xa que a achega principal da mesma permitiralle descubrir por unha banda que o xogo é un contido con grandes potencialidades didácticas e por outro supón un medio didáctico de gran relevancia na súa formación, que lle permitirá empregalo no seu desenvolvemento profesional. Os coñecementos aportados por Xogos Motores pretenden estudar, explorar, descubrir e vivenciar todas aquelas manifestacións lúdicas dentro dunha formulación global, para dotar ao futuro Grado en Educación Infantil non só de vivencias senón tamén de estratexias e formas de ensinar teórico-prácticas. Xogos Motores atópase dentro do plan de estudos de Grado en Educación Infantil no grupo de materias optativas, cunha duración de 4,5 créditos. A descrición do seu contido, reflectido no Plan de Estudos, indica os seguintes descriptores: marco conceptual do xogo motor; teorías e clasificacións dos xogos motores; o xogo e a súa evolución na etapa infantil; o xogo como recurso didáctico; deseño e desenvolvemento de actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos; os recursos para o xogo: materiais e espazos; educación rítmica a través dos xogos con cancións; propostas prácticas para a educación a través do xogo.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: - Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: - Actividades iniciais. - Aprendizaxe colaborativa (computa na avaliación). - Sesión maxistral. - Traballos tutelados (computa na avaliación). - Proba de resposta breve (computa na avaliación). *Metodoloxías docentes que se modifican - "Actividades iniciais", "Simulación", "Saidas de campo" e "Práctica de actividade física" (non se realizarán e o desenvolvemento das competencias ligadas a estas metodoloxías se incorpora ás metodoloxías “Aprendizaxe colaborativa”, “Sesión maxistral”, “Presentación oral”, “Traballos tutelados” e “Probas de resposta breve”). 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado –Mantense a labor prevista para a atención personalizada, que se realizará a través das seguintes canles, tendo o alumnado a posibilidade de seleccionar cales deles quere empregar, en función das súas necesidades e posibilidades de comunicación: titorías en directo a través da área de traballo “Teams” da UDC, mediante videoconferencia, conexión de audio ou chat; a través do correo electrónico institucional; a través dos chats e foros dispoñibles en Moodle. 4. Modificacións na avaliación - Non se realizarán cambios. *Observacións de avaliación: - Non se realizarán cambios. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios, porque a posibilidade de ampliar a bibliografía está sinalado na guía orixinal.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes