Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Subjects
  Early Intervention
   Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Actividades que se levan a cabo a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para obter información relevante que permita articular a docencia a fin de favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Guest lecture / keynote speech Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir os contidos da materia e facilitar a construción da aprendizaxe.
Collaborative learning Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Oral presentation Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais, por parte dos grupos de traballo sobre algún dos contidos da materia para optimizar a aprendizaxe individual e do grupo-clase.
Summary Síntese de cada un dos temas da materia coa finalidade de facilitar a comprensión do texto e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo.
Mind mapping Técnica de traballo individual que consiste en establecer relacións entre os conceptos clave duns contidos.
Student portfolio Esta carpeta inclúe todo o traballo do grupo ao longo do curso (recensión, esquemas, actividades iniciais, aprendizaxe colaborativa, tarefas desenvolvidas,..). As actividades e tarefas deseñadas entréganse vía telemática, segundo o calendario estabelecido ao inicio do curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes