Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Bases didácticas da educación especial inclusiva
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A6 A7 A9 A10 A13 A17 A21 C4 Recolleita dunha proposta educativa, análise, interpretación e adaptación ás caractarísticas dunha escola que camiña cara a inclusión. Daráselle especial importancia a valorar aspectos que fagan referencia á inclusión escolar, tanto dende o punto de vista dos obxectivos e contidos traballados, da metodoloxía, do proceso de avaliación e o uso de recursos do entorno próximo e distante do alumnado dende a perspectiva de promover o coñecemento, o respecto, a toma de decisións baseadas na substentabilidade. As propostas realizaranse na aula-net a través de diversas actividades en moodle. 40
Portafolios do alumno A6 A7 A8 A9 A10 A13 A21 A32 B6 B24 C4 Recollida da información, dos contidos e tarefas traballados na clase, para proceder á súa análise e interpretacación e contraste coas opinións dos autores e autoras:

Os criterios de avaliación do documento serán:
-Integración dos contidos abordados e das actividades realizadas na aula.
-Reflexión e opinión persoal
-Ampliación de coñecementos empregando as fontes documentais e investigación persoal.
-Aplicabilidade ao teu traballo como docente no ámbito da EI.
-Manexo das TIC para o alumnado con ANEAE.
- Examen opcional. 20%
60
 
Observacións avaliación

O portafolios presentarase en formato dixital.

1. Asistencia - 2 puntos. O alumnado asistente será aquel que asiste á aula o 80% ou máis da materia. 

2. Interactivas y participación nas actividades propostas- 4 puntos

3. Proxecto. Portafolio dixital (Traballo individual-optativo) - 2 puntos

4. Examen (optativo) - 2 puntos. Unha proba de 40 preguntas tipos test.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes