Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Educación psicomotriz e habilidades motrices
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A24 A26 B1 B11 B17 O alumnado cada vez que se aplique esta metodoloxía grupal deberá entregar por escrito os traballos realizados polo grupo. Valorarase o seu adecuación aos obxectivos previstos para cada traballo en concreto. 30
Traballos tutelados B5 C3 C4 Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. O traballo poderase realizar individualmente ou en grupo (ata 5 integrantes).A profesora especificará os requisitos formais de presentación dos traballos, tanto a súa parte escrita como a parte oral. O cumprimento de devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados. 40
Proba mixta A22 A53 A54 B3 B2 Realizarase no mes de xuño, na data marcada oficialmente pola Universidades de A Coruña.Será de carácter teórico - práctico Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. 30
 
Observacións avaliación
Primeira oportunidade: para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obligatoria a asistencia ao 80% das horas presenciales da materia. Non só bastará a asistencia senón que se computará tamén a participación activa do alumnado. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles.

Segunda oportunidade: ao alumnado que asista a máis dun 80% das horas presenciales na primeira oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcancen a puntuación mínima sinalada pola profesora. Terá que repetir as partes da avaliación que non alcancen ese mínimo.

O alumnado que non asista ao 80% das horas presenciales da materia na primeira oportunidade, ten á súa disposición un modelo de avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas oportunidades: proba mixta (100%), realizada na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña e na que se deberá demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da asignatura.

Nesta materia non se admite dispensa académica de exención de asistencia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes