Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Subjects
  Theory of Education
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Identifying Data 2019/20
Subject (*) Theory of Education Code 652G02001
Study programme
Grao en Educación Primaria
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
First Basic training 6
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Pedagoxía e Didáctica
Coordinador
Zapico Barbeito, Mª Helena
E-mail
helena.zapico@udc.es
Lecturers
Zapico Barbeito, Mª Helena
E-mail
helena.zapico@udc.es
Web
General description Teoría da educación constitúe unha das materias de carácter básico que se sitúa no primeiro curso e no primeiro cuadrimestre do Grao en Educación Primaria; un momento particularmente sensible e decisivo no comezo da construción da traxectoria formativa do estudantado universitario, e cuxos contidos e competencias resultan un alicerce pedagóxico esencial sobre o que se irán construíndo os piares da súa cualificación e desenvolvemento profesional. Xunto a outras materias coas que atopamos frutíferas conexións conceptuais e epistemolóxicas ao longo de toda a titulación, pretendemos axudar ao alumnado a analizar e comprender criticamente o fenómeno e procesos educativos dende unha perspectiva reflexiva e teórico-práctica. Afondarase asemade nos principios, fins e valores que orientan a función educadora, así coma no estudo dalgunhas das teorías, correntes e movementos educativos máis relevantes e representativos da nosa época, sen perder de vista a imprescindible defensa permanente dos dereitos da infancia. Deste xeito, ofrecerase unha visión actual e prospectiva dos principais desafíos aos que debe facer fronte a escola do século XXI no marco social e comunitario, achegándonos a algunhas das tendencias innovadoras que se albiscan como alternativas posibles e pedagoxicamente desexables, nomeadamente no contexto do ensino primario. Procurarase, xa que logo, contribuír –dende un enfoque emancipador, ético e transformador– á construción do pensamento pedagóxico das futuras mestras e mestres, avogando pola recuperación da súa función como intelectuais e creadoras de cultura.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes