Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Lingua galega e a súa didáctica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba de ensaio Con esta proba preténdese determinar tanto os coñecementos adquiridos polo alumnado durante o curso como a súa competencia en expresión escrita en lingua galega, a súa capacidade de relación e a súa madurez crítica.
Lecturas O alumnado utilizará documentación bibliográfica proporcionada polo profesorado para ampliar os seus coñecementos sobre a materia e os contidos traballados. Así mesmo, tamén se fará un aproveitamento didáctico delas, nomeadamente daquelas de natureza literaria.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes en que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas etc.) a través das que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e a supervisión do profesorado e cunha dupla finalidade: por unha banda, verificar a asimilación das nocións teóricas e, por outra, a exploración da proxección que as ditas nocións poden ter no campo da práctica docente
Sesión maxistral Exposicións orais complementadas con materiais de apoio e con introdución de preguntas teóricas e prácticas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitirlle coñecementos, facilitarlle a aprendizaxe e afacelo á aplicación práctica cotiá.
Traballos tutelados Realización dun ou varios traballos, orais e/ou escritos, grupais e/ou individuais, relacionados con calquera aspecto dos tratados no programa docente. Estes serán fundamentais no momento de o alumnado superar con existo a materia, na medida en que dan índice da súa madurez científica.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes