Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Historia da educación
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Historia da educación Código 652G02006
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Cotelo Guerra, Dolores
Correo electrónico
dolores.cotelo@udc.es
Profesorado
Cotelo Guerra, Dolores
Gabriel Fernandez, Narciso de
Malheiro Gutiérrez, José Manuel
Rivas Barros, Isabel
Correo electrónico
dolores.cotelo@udc.es
narciso.de.gabriel@udc.es
jose.malheirog@udc.es
isabel.rivas@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de Historia da Educación ten carácter de formación básica e impartese no segundo cuadrimestre do primeiro curso do Grao de Educación Primaria. A natureza desta materia, en interrelación con outras que tamén forman parte do plan de estudios deste Grao, constituie un marco de referencia para a práctica docente ao posibilitar a abordaxe do pensamento pedagóxico contemporáneo mediante o estudio dos movementos máis significativos e que maior trascendencia teñen acadado na práctica educativa actual. Asimesmo, son contidos importantes para os futuros mestres e mestras tanto a evolución histórica do sistema educativo e da educación primaria en España como a perspectiva histórica da formación do profesorado.
Plan de continxencia GRUPO A (M. Dolores Cotelo Guerra) 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen A) Alumnado con adicación completa: -Sesión maxistral -Traballos tutelados (con atención personalizada) (computa na avaliación) -Atención personalizada -Presentacións orais (computa na avaliación) B) Alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia e Alumnado de continuación de estudios: - Traballos tutelados (con atención personalizada) (computa na avaliación) *Metodoloxías docentes que se modifican Alumnado con adicación completa, Alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, Alumnado de continuación de estudios: -Proba de ensaio (non se realizará xa que a avaliación destes coñecementos se incorpora a metodoloxía de Traballos tutelados e as presentacións orais) 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Farase uso de titorías e comunicación virtual seguindo a normativa vixente a través de: -Correo electrónico: Para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas ou resolver cuestións puntuais que non se contemplan na Guía Docente. Tratarase de canalizar a resposta dos correos ás franxas de horario establecido, dedicado a atención de alumnado e titorías. -Moodle: Nas datas sinaladas de entrega de traballos para a avaliación. -Teams: 1 sesión semanal en gran grupo na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario oficial da Facultade. De 1 a 2 sesións semanais (en pequeno grupo de 6 persoas máximo) e segundo as necesidade do alumnado en horario de titorías para o seguimento e apoio dos distintos traballos no desenvolvemento da materia. 4. Modificacións na avaliación A avaliación realizarase por medios telemáticos e será o resultado de: -Traballos Tutelados (80%). Facilitaranse pautas que permitan a elaboración dos mesmos sobre distintos contidos e aspectos da materia. Valorarase: -Estructura: aspectos formaris, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical. -Contido: comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, búsqueda e uso de fontes complementarias e actuais. -Exposicións orais (20%) de algúns dos traballos tutelados, no que se terá en conta: Orden na exposición; relevancia e organización dos contidos expostos; coordinación na exposición (que reflecta un traballo colaborativo no caso de ser grupal e, en todo caso, que non sexa unha suma de partes); nivel de comprensión dos contidos básicos; claridade expositiva e corrección lingüística; creatividade (presentacións suxestivas, motivadoras, boa posta en escea...); uso de diferentes recursos dixitais. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mismas figuras que na Guía Docente. Toda a información necesaria para o desenvolvemento da materia estará dispoñible no moodle dende o principio do cuadrimestre. A) Alumnado con adicación completa: - Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%. - Elaboración e presentación de traballos en pequeno grupo (5-6 persoas) REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: 1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. 2. Obter unha puntuación mínima do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación 3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. 4. A oportunidade de xullo estará sometidaaos mesmos criterios que a de xuño e so se repetirá aquela parte que non acade o 50% da puntuación. B) Alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a NORMA QUE REGULA O REXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/2012) e Alumnado de continuación de estudios: - Elaboración e presentación de traballos en pequeno grupo (5-6 persoas) ou individuais, segundo os casos. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: 1. Obter unha puntuación mínima do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación 2. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. 3. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño e so se repetirá aquela parte que non acade o 50% da puntuación. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Dispoñen de enlaces e de materiais dixitalizados no Moodle. GRUPO B (Narciso de Gabriel) 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Análise de fontes documentais - Lecturas - Recensión bibliográfica - Proba de ensaio - Sesión maxistral *Metodoloxías docentes que se modifican -Presentación oral (non se realizará) 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: De uso para facer consultas, resolver dúbidas e facer o seguimento das tarefas encomendadas. - Moodle: Para a entrega de traballos e realización de tarefas de avaliación. - Teams: Para o desenvolvemento do temario e o seguimento e apoio dos distintos traballos da materia. 4. Modificacións na avaliación A avaliación realizarase por medios telemáticos. A avaliación final será o resultado do exame (70%) e dos traballos en equipo (30%). En todo caso, para aprobar a materia será imprescindible superar o exame final. Ou o que é o mesmo: só a partir dun cinco no exame final se sumará a esta cualificación o 30% restante. As respostas ás preguntas do exame deberán ser concretas, documentadas e reflexivas. Nos traballos en equipo valorarase o contido, a estrutura e a interpretación. *Observacións de avaliación: A planificación horaria, a metodoloxía docente, a bibliografía e os documentos que se utilizarán para o desenvolvemento do temario serán especificados no programa que se colgará no Moodle a comezos de curso. Para o alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a NORMA QUE REGULA O REXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/2012) o resultado da avaliación dependerá do exame (70%) e da lectura dun libro complementario (30%). Ao alumnado de continuación de estudios conservaráselle a cualificación polo traballo en equipo ou a entrevista, sempre e cando correspondan ao curso anterior. En caso contrario a súa cualificación dependerá unicamente do exame. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Disporase dos materiais dixitalizados en Moodle. GRUPO C Sabela Rivas Barrós/Xosé M. Malheiro Gutiérrez 1. Modificacións nos contidos Non hai modificacións nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Mantéñense as metodoloxías docentes, adaptadas se é do caso á un eventual regreso á situación virtual. No caso da proba de ensaio —que consiste nun exercicio individual sobre 5 cuestións que foron previamente preparadas polo alumnado, a partir dos documentos resultantes dos traballos parciais elaborados en pequeno grupo—, seguirá a ser de carácter individual, pero realizada de xeito virtual segundo se recolle a continuación: o alumnado deberá realizar unha proba obxectiva non presencial que contará o 20% da cualificación. A dita proba constará de 5 cuestións que o alumno/a deberá elaborar nun prazo de 5 días. Ao cabo de dito prazo (ou antes, se é da súa vontade), o alumno/a remitirá vía mail a proba elaborada, para poder ser revisada e avaliada polo profesor. Para a elaboración de dita proba, empregaranse como base os materiais de clase e a bibliografía recomendada, tal como se procedeu na primeira oportunidade. En data oportuna, o profesor enviará vía Moodle as 5 cuestións ao alumnado, establecendo o prazo de entrega, e quedando á súa disposición para calquera dúbida ou dificultade de procedemento durante o proceso de resolución da proba. *Metodoloxías docentes que se modifican 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Non hai modificacións nos mecanismos de atención personalizada, priorizando sempre que as condicións sanitarias o esixan, as titurías e comunicación virtual seguindo a normativa vixente. Correo electrónico. Empregarase o correo electrónico para realizar consultas sobre os contidos da materia ou cuestións puntuais de organización que non se contemplen na Guía docente. Agás un asunto ou problema urxente, tratarase de canalizar a resposta dos correos ás franxas de horario establecido, dedicado a atención de alumnado e titorías. Moodle: a través da plataforma se distribuirán os materiais necesarios para o desenvolvemento das tarefas así como as instrucións complementarias precisas. Teams: - 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da Facultade. - Sesións individualizadas en horario de titorías para resolver dúbidas ou problemas relacionados coos contidos ou organización das tarefas encomendadas. 4. Modificacións na avaliación Non hai modificacións na avaliación, agás a forma de realizar a proba de ensaio, segundo se establece no punto 2. *Observacións de avaliación: Non hai modificacións nas observacións de avaliación 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Primarase a utilización e consulta de bibliografía mediante libros e artigos de revistas de acceso dixital, como xa viña sendo habitual.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes