Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Psicoloxía da aprendizaxe en contextos educativos
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levarán a cabo antes de iniciar o proceso de ensino/aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar. Con elas preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir os coñecementos de cada tema e facilitar a súa aprendizaxe.
Investigación (Proxecto de investigación) Proceso de ensinanza orientado a facilitar a construción expansiva do coñecemento mediante a realización de actividades-prácticas en grupo para comprender, identificar, analizar e estudar algunhas das variabeis intrapersoais que afectan a aprendizaxe escolar
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela do profesor ou profesora na aula. Trátase de actividades de orientación-execución e de demostración-práctica a fin de que o alumnado comprenda significativamente a información e a integre na súa estrutura de coñecementos. Inclúense dentro destes traballos tutelados: análises de fontes documentais, realización de esquemas ou resumos, glosarios, presentacións orais, prácticas a través de TICs ou estudos de casos. Todo isto farase a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Proba mixta Proba de ensaio (grupo A) ou obxectiva (grupo B); na primeira opción tratase de obter respostas que impliquen o razoamento (argumentar, relacionar...), habilidade de síntese, comparación, redacción...; na opción segunda, a proba consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes