Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Orientación, titoría e calidade
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Nas que os estudantes mostrarán os seus preconceptos acerca da materia obxecto de estudo, a trávés de técnicas como o brainstorming
Análise de fontes documentais Accederán a textos indicados pola profesora así como a outros aos que chegarán eles sós partindo dalgunha indicación. Teranos que ler e responder a algunhas cuestións que se expoñan.
Aprendizaxe colaborativa Propoñeranse unha serie de actividades grupales, para realizar dentro e fose da aula.
Discusión dirixida Debates na aula partindo de temas que se presenten así como doutros que teñan que ver coa actualidade do campo de estudo.
Presentación oral Pediráselles que presenten na aula algún dos traballos feitos.
Sesión maxistral Na que a profesora explicará diferentes contidos teóricos do programa.
Traballos tutelados Haberá unha serie de traballos de diferente nivel de esixencia, que realizarán ao longo do curso baixo a tutela da profesora
Eventos científicos e/ou divulgativos Propiciarase a asistencia a algún evento que se realice na Universidade e que redunde na súa formación.
Simulación Consiste na representación dun fenómeno de natureza física, técnica ou psicolóxica, que permite unha análise máis sinxela, económica ou inocua que si se levara a cabo sobre o orixinal ou na realidade. Ponse ao suxeito ante unhas condicións hipotéticas nas cales se proba o seu comportamento ante situacións concretas, os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias. Baséase, por tanto, na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Estudo de casos Analizarán algún caso concreto de acción tutorial, algún plan de acción tutorial (PAT), etc.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes