Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Educación matemática II
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Foro virtual Participación nunha rede social da materia, onde cada estudante proporá temas e comentará os propostos por outros estudantes.
Lecturas Material escrito que se lle propoñerá ós estudantes para coñecer diferentes cuestións do temario.

Prácticas de laboratorio Traballo na aula, en grupos reducidos ou de forma individual sobre aspectos concretos dos diferentes temas, seguindo guións máis ou menos abertos, e coa axuda de materiais.

Proba mixta Proba escrita (exame) onde combinaranse preguntas abertas e pechadas. En principio referirase o exame final da materia, aínda que pode haber outras probas ó longo do curso.
Sesión maxistral Exposición dos distintos contidos da materia por parte do profesor, buscando presentar a información, motivar o estudo e o traballo e a participación do alumnado.
Proba de resposta múltiple Test optativos para cada un dos contidos, que se farán ao finalizar o traballo en clase de cada un dos temas do curso.
As datas para a súa realización comunicaranse ao comezo do curso e realizarase a través da plataforma virtual.
Os test non se poderán repetir.
Traballos tutelados O obxectivo do traballo será a realización dun documento audiovisual para apoiar o ensino dun concepto de Educación Primaria que forme parte dos contidos da materia de Educación Matemática II, usando material didáctico. O documento debe conter polo menos:
- unha breve presentación dos membros do grupo,
- unha breve presentación do que se vai a atopar o espectador,
- o obxectivo a cumprir co material audiovisual,
e debe estar dirixido a docentes de Educación Primaria.
A metodoloxía de ensino do documento debe seguir a tratada nos contidos da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes