Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Ensino e aprendizaxe das ciencias da natureza II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A25 A26 A27 A28 A30 Valoraráse a adquisición dos coñecementos relevantes e a capacidade interpretativa do alumnado (análise e síntese, argumentación, crítica...) adquiridos ao longo do curso. 60
Prácticas de laboratorio A25 A27 A28 A29 B2 B14 B16 B17 B23 B25 C6 C7 C8 Valorarase a participación e presentación de resultados, tanto en actividades prácticas de campo/laboratorio como en sesións interactivas 10
Traballos tutelados A25 A26 A29 A30 B8 B9 B14 B15 B17 B25 C1 C4 Valorarase a capacidade analítica e interpretativa do alumnado respecto ás situacions obxecto de estudo, así como a competencia para diseñar materiais didácticos. Ademais, no seu caso, valorarase a exposición oral dos traballos. 30
 
Observacións avaliación
Primeira oportunidade (Xuño):

A cualificación nesta oportunidade farase en función dos resultados obtidos nas seguintes avaliacións parciais:
1. Sesións interactivas e actividades prácticas de campo/laboratorio: a asistencia a estas actividades é obrigatoria. Se globalmente a asistencia é inferior ao 80%, a cualificación neste apartado será 0. 
2. Traballos tutelados. Serán avaliados dous traballos presentados nas datas fixadas ao longo do curso. A nota neste apartado será a media ponderada, no seu caso, das cualificacións obtidas en cada un deles.
3. Proba escrita individual dos resultados da aprendizaxe. Poderanse facer unha ou dúas probas, no segundo caso a primeira abarcará a metade da materia e a segunda coincidirá coa convocatoria de exame final fixada pola facultade:
- Os alumnos/as que superen a primeira proba (primeiro parcial con cualificación de 5 ou superior)poderán presentarse só ao exame do segundo parcial, na data establecida no calendario oficial da Facultade. A cualificación da proba escrita destes estudantes será a media aritmética das notas obtidas en cada parcial. O aprobado estará condicionado a que a nota de cada parcial sexa igual ou superior a 5.
- Os alumnos/as que no primeiro parcial teñan cualificación inferior a 5 deberán realizar unha proba final na devandita data, que incluirá toda a materia. A cualificación para aprobar será de 5 ou superior e estará condicionada a que se aproben os contidos de cada un dos bloques.
- Os alumnos/as que non teñan aprobado (con cualificación 5 ou superior) os traballos tutelados e/ou as actividades interactivas/laboratorio deberán realizar, na data oficial de xuño, unha  segunda proba escrita específica e individual relacionada cos mesmos. A nota desta segunda proba será a súa cualificación de xuño nos apartados de sesións interactivas/laboratorio e traballos tutelados.
Para obter a cualificación de aprobado na materia nesta oportunidade de xuño será imprescindible obter unha nota de 5 en cada apartado (sesión interactivas/laboratorio; proba escrita; traballos tutelados).  Cumprida esta condición a nota final será a media ponderada das cualificacións dos distintos apartados.
A cualificación dos estudantes que non teñan superada a materia será a media ponderada dos apartados suspensos.

Segunda oportunidade (Xullo):

- O alumnado que asistiu ao 80% das actividades interactivas/laboratorio e que ten aprobados os traballos tutelados, pero non superou a proba escrita individual de avaliación dos resultados da aprendizaxe, deberá realizar esta proba nas datas oficiais de xullo. A cualificación para aprobar será de 5 ou superior e estará condicionada a que se aproben os contidos de cada un dos bloques. - O alumnado que non teña aprobado (con cualificación 5 ou superior) en xuño os traballos tutelados e/ou as actividades interactivas/laboratorio deberá realizar, na data oficial de xullo, unha proba escrita específica e individual relacionada cos mesmos.
- O alumnado que non superara en xuño nin os traballos tutelados e/ou as actividades interactivas/laboratorio, nin a proba individual escrita terá que realizar todas as probas antes mencionadas na convocatoria de xullo. Para obter cualificación de aprobado na oportunidade de xullo é necesario ter superado con nota de 5 ou superior cada unha das partes (a proba escrita individual e os traballos tutelados/actividades interactivas-laboratorio). A nota final será a
media ponderada das cualificacións dos devanditos apartados. A cualificación dos estudantes que non teñan superada a materia será a media ponderada das notas suspensas.

NORMAS ESPECÍFICAS DE AVALIACIÓN PARA:
Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, segundo o establecido na "Norma
que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao" na UDC (29/05/2012):

1.    Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase.
2.    Terá dereito preferente a elixir grupo cando haxa horarios diferentes nas sesións interactivas.
3.    O resto da avaliación rexerase polo que establecen as "normas xerais de avaliación" desta
guía docente.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica que lles exime da asistencia á clase segundo o establecido na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao" na UDC (29/05/2012):
1. Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase.
2. A cualificación final na primeira convocatoria (maio/xuño) será o resultado das cualificacións obtidas nos seguintes apartados:

- Sesións interactivas (actividades prácticas de laboratorio e de lapis/papel).
O alumnado debe realizar de xeito individual (sen obriga de asistir a clase) as sesións
interactivas das que consta a asignatura, tendo que cumplir obrigatoriamente
un calendario de entregas que o docente lle dará durante o primeiro mes de
clases, unha vez  que o alumnado lle presente o certificado de recoñecemento de matrícula
a tempo parcial e dispensa académica. A cualificación deste apartado está condicionada
á entrega por parte do alumno das prácticas e seminarios. Non se terán en
conta os traballos entregados fóra de prazo. (100% de entregas: 1
punto; máis de 93%: 0,75; entre 86%-92%: 0,5; entre 80-85%: 0,25; menos de
80%: 0).
- Traballos tutelados.
O alumnado terá que realizar, obrigatoriamente e de forma
individual, dúas actividades academicamente dirixidas (AAD) e terá que
entregalas segundo o calendario establecido. A cualificación deste
apartado será a media das cualificacións obtidas en cada traballo. (ata 3
puntos). Para que se teñan en conta as cualificacións destas dúas
actividades, é requisito imprescindible ter entregado polo menos o 80%
das sesións interactivas.
- Proba individual global de avaliación dos resultados de aprendizaxe sobre os contidos das expositivas e as interactivas.
Realizarase na data establecida no calendario oficial da Facultade.(ata 6 puntos ).

Para obter unha cualificación de aprobado, é imprescindible ter entregado polo menos o 80%
das sesións interactivas, e obter unha media de polo menos 5 sobre 10, tanto nos traballos tutelados como na proba individual global. A cualificación total no caso de superar a materia farase en base á media ponderada de cada un dos apartados. A cualificación dos estudantes que non teñan superada a materia será a media ponderada dos apartados suspensos.
No caso de que o alumno entregara polo menos o 80% das sesións interactivas e non acade o aprobado, a súa cualificación corresponderá á parte suspensa.
Os alumnos/as que non teñan aprobado (con cualificación 5 ou superior) os traballos tutelados e/ou as actividades interactivas/laboratorio deberán realizar, nas datas oficiais, unha segunda proba escrita específica e individual relacionada cos mesmos. A nota desta segunda proba será a súa cualificación dos apartados de sesións interactivas/laboratorio e traballos tutelados.
A avalíación para a "segunda oportunidade (xullo)" será exactamente a mesma que a que aparece nas "normas xerais de avaliación" desta guía docente.
NOTA
1: A cualificación das sesión interactivas e traballos tutelados só se garda
durante un curso académico.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes