Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Educación matemática III
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Traballo na aula, en grupos reducidos ou de forma individual sobre aspectos concretos dos diferentes temas, seguindo guións máis ou menos abertos, e coa axuda de materiais.
Proba mixta Proba escrita (exame) onde combinaranse preguntas abertas e pechadas. En principio referirase ao exame final da materia, aínda que pode haber outras probas ao longo do curso.
Foro virtual Participación nunha rede social da materia, onde os estudantes proporán foros e participarán neles.
Lecturas Material escrito que se lle propoñerá ós estudantes para coñecer diferentes cuestións do temario.
Presentación oral Exposición na aula dos traballos realizados en equipo, por cada un dos membros do grupo.
Traballos tutelados Propoñerase un traballo relacionado con algún ou algúns dos temas ou contidos da materia.
Este traballo pode optar a desenvolver un proxecto de Aprendizaxe e Servizo en función da dispoñibilidade das entidades conveniadas, ou tamén a realización dun material audiovisual.
Sesión maxistral Exposición dos distintos contidos da materia por parte do profesor, buscando presentar a información, motivar o estudo e o traballo e a participación do alumnado.
Proba de resposta múltiple
Test optativos para cada un dos contidos, que se farán ao finalizar o traballo en clase de cada un dos temas do curso.
As datas para a súa realización comunicaranse ao comezo do curso e realizarase a través da plataforma virtual.
Os test non se poderán repetir.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes