Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Educación matemática III
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A38 A39 A40 A41 A42 B25 B24 B23 B22 B21 B18 B15 B12 B11 B10 B9 B8 B5 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C6 C7 C8 Terase en conta a participación, o interese mostrado, a realización razoada das tarefas,...
Para cumprir o obxectivo da avaliación continua, estas tarefas ou prácticas poderanse realizar sen previo aviso en calquera franxa horaria asignada á materia.
20
Proba mixta A38 A39 A40 B2 B3 B4 B8 B9 B23 C1 Exame: valorarase a argumentación e o rigor da resposta en cada unha das probas realizadas.
50
Presentación oral B5 B8 B9 B19 B24 C1 Valorarase a claridade, a habilidade para presentar a información e a comunicación dos resultados e as conclusións. 10
Traballos tutelados A39 A41 A42 B5 B11 B12 B19 C3 C7 C8 Valorarase o grado de consecución cumprindo as directrices docentes.

Os contidos incluidos deben estar apropiadamente referenciados ao longo do traballo e no apartado de referencias usando as normas APA 6ª Edición (ou unha posterior se proceder). No parafraseado deben figurar as fontes orixinais das ideas que se reelaboran. A presencia de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade que é un requisito imprescindible para demostrar a excelencia académica.
Recoméndase consultar todo o relacionado coa propiedade intelectual e cómo publicar no seguinte enlace:
https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/index.html

Tense que evitar o plaxio.
As citas e as referencias a calquera texto debe declararse, o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e sufrindo a súa última modificación o 29 de xuño de 2017, na que se indica que "na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento."
20
 
Observacións avaliación

Non se admite dispénsa académica de exención de docencia.

As faltas de ortografía nos traballos e materiais presentados reducirán a puntuación final.

Se no exame final (Proba mixta) non se consegue unha nota mínima de 4,5 sobre 10, non se fará media cos traballos e a nota final da materia será a do exame.

Os test de cada un dos temas son  optativos para aqueles que cumpran unha asistencia mínima do 80% das sesións de aula. Se o estudante realízaos no horario estipulado e fixado desde inicio do curso, e a media dos 5 test é igual ou superior a 5, incrementará ata 1 punto a nota final do estudante, sempre que a cualificación de cada unha das demais metodoloxías sexa igual ou superior a 5,0 (sobre 10).

Na 2º Oportunidade a avaliación farase do mesmo xeito que no exame da 1ª Oportunidade.

O estudante que non asista  presencialmente ao 80% das sesións de aula, non será avaliado mediante o sistema anterior. Será avaliado mediante un exame final (100%).

Se o estudante non asiste ao 80% das sesións de aula e realiza os traballos programados (traballo tutelado en grupo e presentación oral), este supoñerá o 20% da cualificación final e o exame o 80% a condición de que alcance un mínimo de 4,5 puntos sobre 10. Se no exame non se consegue un 4,5 para a avaliación non se terán en conta o traballo, soamente contará a cualificación do exame.

Cada estudante debe colocar no seu perfil de usuario de Moodle unha foto que o identifique.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes