Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Expresión corporal e adaptacións curriculares
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Expresión corporal e adaptacións curriculares Código 652G02026
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Carretero García, Miriam
Correo electrónico
miriam.carretero@udc.es
Profesorado
Carretero García, Miriam
Gonçalves López, María Paz
Correo electrónico
miriam.carretero@udc.es
paz.goncalves@udc.es
Web http://campusvirtual.es/moodle/
Descrición xeral A materia “Expresión corporal e adaptacións curriculares” forma parte dos estudios do Grao en Educación Primaria no módulo de “Educación Física”. Trátase dunha materia optativa da mención de Educación Física. Impártese no terceiro curso, é unha materia de 4,5 créditos, o que representa 112 horas de traballo do estudiante. Esta materia facilitará ao alumnado comprender a relevancia do traballo da expresión corporal no eido da educación integral do neno así como analizar os beneficios da súa práctica. Por outra banda coñecera as distintas adaptacións curriculares a realizar na Educación Física para o alumnado con diversidade funcional. O alumnado adquirirá unha serie de competencias para o deseño de propostas educativas de expresión corporal así como para confeccionar adaptacións curriculares individuais en nenos con N.E.E.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Actividades iniciais - Probas de resposta breve. - Análisis de fontes documentais. - Aprendizaxe colaborativa. - Sesión maxistral. - Traballos tutelados. *Metodoloxías docentes que se modifican - Práctica de actividade física e saídas de campo (non se realizarán e o desenvolvemento das competencias ligadas a estas metodoloxías se incorpora ás metodoloxías “Sesión maxistral”, “Presentación oral”, “Traballos tutelados”, “Probas de resposta breve”). 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado – Mantense o tempo previsto para a atención personalizada, que se realizará a través das seguintes canles, tendo o alumno a posibilidade de seleccionar cales deles quere empregar, en función das súas necesidades e posibilidades de comunicación: titorías en directo a través da área de traballo “Teams” da UDC, mediante videoconferencia, conexión de audio ou chat; a través do correo electrónico institucional; a través dos chats e foros dispoñibles en Moodle. 4. Modificacións na avaliación - Non se realizarán cambios. *Observacións de avaliación: - Non se realizarán cambios. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios, porque a posibilidade de ampliar a bibliografía está sinalado na guía orixinal, coa seguinte redacción: “Esta bibliografía é orientativa e poderá ser ampliada polo profesorado ao comezo da materia”.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes