Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Subjects
  Practicum II
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Field trip A9 A11 A15 A16 A17 A18 A20 A22 A61 A62 A63 A65 A66 A67 A68 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B14 B16 B18 B24 C1 C3 C4 C7 C8 O/a titor/a da institución colaboradora realizará a avaliación da implicación e actuación do alumnado no centro/aula. 40
Seminar A9 A64 B1 B3 B6 B8 B9 C1 O/a titor/a da Facultade avaliará a participación do alumnado nos seminarios cos seguintes criterios:
- Asistencia a todas as sesións presenciais
- Calidade das achegas á hora de expresar dúbidas razoables, expoñer ideas enriquecedoras e compartir experiencias de interese etc.
10
Student portfolio A9 A64 A66 B3 B4 B8 B9 B15 B16 B17 B18 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C4 C7 C8 O/a titor/a da Facultade realizará a avaliación do contido do portafolios cos seguintes criterios:
- Capacidade de relación teoría-práctica
- Dominio conceptual e capacidade analítica
- Capacidade para relacionar ideas e accións
- Capacidade de argumentar e fundamentar
- Expresión escrita propia e claridade expositiva
- Capacidade de descrición de escenarios, situacións e accións
- Capacidade de autoavaliación e autocrítica
- Orixinalidade da proposta
40
Events academic / information A9 A64 B1 B3 B6 B8 B9 C1 O/a titor/a da Facultade avaliará a participación do alumnado evento científico e/ou divulgativo cos seguintes criterios:
- Asistencia a todas as sesións.
-Calidade das achegas á hora de expoñer o contido das diferentes sesións así como a pertinencia e madurez das reflexión persoais ao respecto.
10
 
Assessment comments

a) Requisitos para superar a materia:

- Para aprobar a materia será necesario superar os seguintes elementos da avaliación: prácticas

pedagóxicas e portafolios.

b) Elementos da avaliación que se poden recuperar na segunda oportunidade de avaliación (xullo):

- As prácticas non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida nas mesmas na oportunidade de xuño, mantense para a oportunidade de xullo. Isto supón que un suspenso nas mesmas na oportunidade de xuño implica a non superación da materia.

- Os seminarios e as xornadas non se poden recuperar, polo que a cualificación obtida nos mesmos na oportunidade de xuño, mantense para a oportunidade de xullo.

- O portafolios pode recuperarse, polo que o alumnado que non supere o portafolios na oportunidade de xuño terá a ocasión de melloralo para a oportunidade de xullo, conservando sempre as cualificacións dos demais elementos da avaliación.

c) Cualificacións:

- A cualificación final será a suma das puntuacións obtidas en cada un dos elementos da avaliación segundo o seu peso respectivo.

- No caso de non superar algunha das partes de obrigatoria superación da materia, a nota final será a nota da parte non superada.

- Non realizar as prácticas pedagóxicas estando matriculado na materia supón un Non Presentado.

- No caso de non presentar o portafolio tendo as prácticas pedagóxicas superadas supón obter como máximo a cualificación de suspenso 4.

-No caso de que os eventos científicos e/o divulgativos non se realizaran por motivos organizativos o dez por cento da cualificación asignada a este apartado se sumará ao portafolio.A asistencia e a calidade das achegas a eventos científicos avalíanse conxuntamente, non podendo estar desvinculados un do outro. Para unha avaliación positiva neste apartado o alumno/a terá que asistir e facer as achegas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes