Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Sistemas alternativos de comunicación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición virtual dos contidos programáticos para cada un dos temas da materia
Traballos tutelados O alumnado entregará os materiais produto das actividades de aprendizaxe: taboleiros e plantillas de comunicación, caderno de PECS, catálogo de tecnoloxía de apoio, materiais para a alfabetización, unidade didáctica adaptada e os materiais necesarios de avaliación e para a participación dos alumnos con necesidades comunicativas especiales na escola. Computa na avaliación
Eventos científicos e/ou divulgativos O alumnado asistirá obrigatoriamente ós eventos divulgativos programados para a materia. Nestes eventos contarase coa participación dun profesional da área da comunicación aumentativa e alternativa que amosará virtualmente o funcionamento de dous programas específicos de comunicación alternativa.
Obradoiro Os alumnos realizarán prácticas para a aprendizaxe de sistemas alternativos non asistidos (alfabeto dactilolóxico, sistema bimodal e palabra complementada) coa axuda e superivisión da profesora.
Aprendizaxe colaborativa Os alumnos, organizados en pequenos grupos, traballarán colaborativamente para resolver as tarefas asinadas pola docente. Serán guiados persoalmente ou mediante o uso de tecnoloxías da información e da comunicación.
Simulación Presentaránse ós alumnos situación semellantes as que atoparán no eido educativo relacionada coa aplicación dos sistemas de alternativos de comunicación
Proba obxectiva A aprendizaxe do alumnado será avaliada de forma continua de xeito que o longo do curso terán que facer probas obxectivas por bloques de contidos (temas completos ou por partes), que consistirán en preguntas de verdadeiro-falso, de resposta múltiple e de resposta breve que serán desenvolvidas a través de plataforma Moodle.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes