Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Atención á diversidade: aspectos didácticos e organizativos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A3 A4 A6 A20 B16 B17 B21 B22 B23 B24 B25 C4 Terase en conta para a sua valoración :
Estructura e corrección formal
Fundamentación e dominio conceptual.
Aportacións derivadas da bibliografía utilizada na aula.
Utilización de bibliografía complementaria aportada polo alumno/a.
Capacidade de análise, síntese e relación entre conceptos.
Capacidade de interpretación e valoración de experiencias e casos prácticos á luz dos conceptos teóricos implícitos na asignatura.
Indagación e búsqueda.
Innovación e creatividade

50
Proba mixta A3 A4 A6 A11 A20 B16 B17 B21 B23 B24 B25 C4 Especificarase na aula o tipo de preguntas e o peso de cada pregunta na avaliación.

O exame constará de dúas preguntas interrelacionadas entre si. Partirase de un contexto de aula que ten unhas determinadas características. O alumnado analizará, interpretará e fará unha proposta de intervención. Toda explicación e proposta de intervención terá que estar fundamentada teoricamente.
Nas preguntas de desenvolvemento teranse en conta a pertinencia e organización do contido, o dominio conceptual, a conexión entre ideas, a claridade expositiva, e a corrección gramatical.
50
 
Observacións avaliación

Os traballos tutelados realízanse nas sesións interactivas e tamén ocupan gran parte do traballo autónomo do alumnado que se organizará en pequenos grupos para a sua realización.  

Considerarase alumnado asistente aquel que asiste a clase nun 80% do horario establecido

O exame terá unha puntuación máxima de 5 puntos e outros 5 o portafolios. Para superar a materia haberá que ter como mínimo un 2 en cada unha das probas. O sumatorio das dúas partes ten que ser como mínimo un 5.

O alumnado con recoñecemento oficial de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, deberá acudir ás titorías para programar as sesións interactivas e expositivas, nas que non poderá estar, co fin de planificar os traballos substitutorios, se fose o caso. Estas especificidades so serán necesarias para o portafolios, para a proba mixta concorrerá nas mesmas condicións que o resto do alumnado.

Os traballos presentaranse en formato dixital.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes