Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Diagnóstico pedagóxico
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade que se desenvolverá ao inicio do proceso de ensino-aprendizaxe, coa finalidade de coñecer qué competencias, intereses e motivacións presenta o alumnado en torno á materia para acadar os obxectivos vinculados ao diagnóstico pedagóxico.

A dita actividade consistirá en dúas partes: (a) unha parte na que o alumnado debera tratar de definir, desde o seu coñecemento previo, unha serie de conceptos de interese en relación á materia (diagnóstico, avaliación, medición, fases del diagnóstico...) e (b) unha parte na que se propón ao alumnado valorar nunha escala 0-10 as súas habilidades e destrezas previas, non so en relación aos contidos de aprendizaxe da materia, senón tamén no tocante ás habilidades transversais (idiomas, manexo de información, habilidades sociais...).

Preténdese que a obtención desta información permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativcas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Análise de fontes documentais Actividade na que o alumnado realizara unha análise de documentos (xeralmente, instrumentos e probas diagnósticas) a través da súa lectura reflexiva, de xeito que lle permita a execución adecuada de actividades relacionadas coa aplicación e interpretación de probas de diagnóstico en educación, nun contexto de simulación de aula e/ou fóra dela.

Esta actividad se desarrollará en grupos de trabajo (número según el número de alumnado).
Sesión maxistral Exposición oral na que se traballarán os contidos que conforman o marco teórico, complementada co uso de presentacións e medios audivisuais, así como da inftroducción de cuestións dirixidas ao alumnado en forma de actividades de aula, coa finalidade de transmitir os coñecementos e facilitar as aprendizaxes.

A estrutura das sesións maxitrais rexirase pola orde establecida nos contidos de aprendizaxe, introducindo teóricamente cada un dos temas e subtemas; ofrecerase bibliografía e documentación adicional para afondar no tema; o traballo teórico complementarase en cada sesión con actividades que se levarán a cabo a través das outras metodoloxías contempladas (análise de fontes documentais, estudo de casos, traballos tutelados ...).
Proba mixta Proba escrita para a avaliación do coñecemento, cuxa data é fixada pola Xunta de Facultade.
Esta proba poderá integrar preguntas de tipo objetivo: verdadeiro/falso, de selección múltiple, orde, resposta curta, discriminación, completar e/ou asociación.
Traballos tutelados Elaboraránse varios traballos relativos á aplicación e interpretación de probas diagnósticas que sexan útiles para o futuro profesional do alumnado. Tentarase que os instrumentos empregados sexan reforzados directamente cos contidos abordados teóricamente nas sesións expositivas, así como tamén complementarase coa actividade de análise de fontes documentais a fin de que alumnado comprenda o funcionamento dos instrumentos.

Este sistema de enseñanza baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento dese aprendizaxe pola profesora-tutora.
Simulación Durante as sesións expositivas, farase unha representación das aprendizaxes teóricas a partir da presentación de supostos supostos hipotéticos (simulacións) relacionados co uso da técnica da encuestación, na que o alumnado deberá poñer a proba o seu comportamento en situacións concretas, os coñecementos adquiridos ate o momento, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias.

Realizarase de xeito presencial, apoiado polas TICs e, preferentemente, en pequenos grupos de traballo (3-4 estudantes) para que se traballe de forma conxunta na resolución de tarefas, de xeito que optimicen a súa aprendizaxe e se retroalimenten do traballo.
Estudo de casos Actividade na que se lle presentará ao alumnado unha situación problemática específica coa que podería atoparse na súa futura vida profesional. Describirase de xeito amplo e detallado, e o alumnado deberá ser capaz de comprender, analizar, valorar e resolver o problema, tomando como marco de referencia as aprendizaxes adquiridas nas sesións maxistrais, así coma outros materiais complementarios facilitados pola docente ou dispoñibles na bibliografía básica da asignatura.

Realizarase grupalmente (número de participantes a determinar, segundo o número de alumnado) e, será no grupo no que se analice, debata e valore o caso presentado, e se discutan os feitos e as posibles solucións ata chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión.
Presentación oral O alumnado deberá presentar algunhas das actividades propostas no marco da simulación, o estudo de caso e, se procede, nos traballos tutelados. As presentacións das actividades traballadas en grupo será grupal e requirirase da participación de todos os integrantes.

Deberase presentar a modo de exposición oral, empregando para isto recursos e medios de carácter innovador. Valorarase, ademáis da calidade e claridade na exposición, a capacidade de axustarse aos tempos, a adecuación ao público e lugar da presentación e, sobre todo, a creatividad e a innovación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes