Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Diagnóstico pedagóxico
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A3 A4 A6 A7 A11 Valorarase a adquisición dos coñecementos teóricos e prácticos por medio dunha proba obxectiva que poderá incluir preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
O sistema de corrección da dita proba será o seguinte:

- Preguntas V/F: unha resposta incorrecta restará unha resposta correcta.
- Preguntas de resposta múltiple: aplicarase a fórmula de corrección ao azar (acertos - erros/nº alternativas – 1).
- Preguntas resposta curta: valorarase a claridade e a capacidade de síntese e adecuación da resposta á pregunta formulada.
50
Traballos tutelados A4 A6 A7 B1 B9 B14 B17 B18 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C4 Ao longo das sesións iránse desenvolvendo prácticas relacionadas cos contidos abordados nas sesións maxistrais. O alumnado deberá resolver as ditas prácticas de forma escrita, xustificando cada decisión tomada. Poderase realizar de forma individual ou grupal.

Para cada unha das actividades especificarase: obxectivo, competencias a desenvolver, resultados de aprendizaxe, instruccións para o seu desenvolvemento y criterios de avaliación específicos.
25
Presentación oral B1 B9 B13 B17 B23 B24 C1 C3 O caso ou casos traballados en las prácticas de "estudio de casos" y "simulación" serán avaliados na súa presentación oral na aula, por parte dos integrantes do grupo, que traballarán e exporán os seus resultados dun modo colaborativo.

Os criterios chave para a valoración serán:

(a) Adecuación da presentación ao esixido na actividade
(b) Utilización dunha expresión oral (e escrita, apoiada en recursos TIC) adecuada, pertinente e non discriminatoria/non ofensiva
(c) Orixinalidade, ou capacidade de atraer ao público ao que se dirixe

Tamén se terá en conta a capacidade do alumnado para aplicar os coñecementos teóricos adquiridos, para resolver problemas en entornos novos ou pouco conecidos, a súa integración para formular xuizos e para comunicar as conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan.
25
 
Observacións avaliación
REQUERIMENTOS PARA SUPERAR A MATERIA:

- Asistir a clase. A asistencia a clase é obrigatoria nun 80% das sesiones tanto teóricas como prácticas. A docente poderá solicitar ao alumnado que firme unha folla tanto na entrada como na saída.

- Asistir e participar en clase. A condición de alumnado asistente (80% de asistencia) supón, non só a asistencia, senón tamén a participación e aproveitamento do tempo de clase.

- Acadar o 50% da calificación en cada unha das metodoloxías de avaliación para superar a materia, calquera que sexa a modalidade de avaliación á que se somete o estudante. No caso de non acadar o 50% nalgunha das partes, a calificación final será de 4 puntos.

- Axustarse ás datas de entrega sinaladas no calendario presentado durante a presentación da materia. As entregas fóra de prazo ou a ausencia de entrega terán unha calificación de 0 puntos e, polo tanto, suporán unha calificación final de suspenso.

- Realizar as actividades propostas, aproveitando e optimizando o tempo que se destina na aula.

- A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de xuño.

MODALIDADES DE AVALIACIÓN

Tendo en conta a posible existencia de alumnado que, polas súas circunstancias particulares non cumpla co requisito de asistencia, terase en conta diversas modalidades de avaliación segundo o réxime de adicación do alumnado:

AVALIACIÓN CONTINUA: modalidad de avaliación aplicable a alumnado asistente; é dicir, a aquel que cumpla co requisito de asistencia dun 80%, tanto das sesións teóricas como prácticas; e ao alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial (sempre que cumpla co réxime de asistencia):

- Alumnado asistente: Será evaluado ao longo do proceso de aprendizaxe, a través da realización das actividades prácticas (son materia de exame) e a súa presentación oral, revisado pola profesora, así como da avaliación final por medio da proba mixta.

- Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial: atendiendo á norma que regula o réxime de adicación ao estudo e a permanencia e progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade da Coruña (aprobada en Consello de Goberno o 28 de xuño de 2016), nos seus artigos 4, 5 y 6, será necesario que este alumnado solicite a dispensa e a entregue á docente. O alumnado que se adhiera a esta modalide será avaliado baixo o seguinte proceso de avaliación:

(a) Terá que entregar un dossier coas actividades prácticas (traballos tutelados e estudo de casos) de xeito individual que será valorado cun 30% da cualificación final da materia; isto é, 3 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 1.5 punto). O prazo para a entregar será o mesmo que o dos compañeiros presenciais.

(b) Terá que realizar o exame de proba mixta, cuxa cualificación será do 70% da nota final; isto é, 7 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 3.5 punto).

AVALIACIÓN FINAL: modalidade de avaliación aplicable ao alumnado non asistente (aquel que non cumpre co requisito de asistencia mínimo do 80%), alumnado que non realiza a proposta do proxecto investifador e ao alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial (que no cumpra a asistencia do 80%). Para este alumnado, establécese que:

(a) Terá que entregar un dossier cos traballos tutelados e estudo de casos de xeito individual, que será valorado cun 10% da cualificación final da materia; isto é, 1 punto sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 0.5 puntos). O prazo para a entregar será o mesmo que o dos compañeiros presenciais.

(b) Terá que realizar o exame de proba mixta, cuxa cualificación será do 90% da nota final; isto é, 9 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 4.5 puntos). Neste exame, contará con una/dúas pregunta/s adicionais sobre os contidos prácticos da materia.

Os traballos serán entregados fundamentalmente en formato dixital, e nos casos que a entrega sexa en papel este deberá ser reciclado, evitántodose o uso de plásticos. Ademáis se esixirá a utilización dunha linguaxe non sexista e non discriminatorio.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes