Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Didáctica da educación para a saúde
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Exposición oral dos traballos realizados colectiva e individualmente. Esta exposición poderá realizarse de forma virtual a través de Teams, se así obrigan as circunstancias.
Lecturas Lecturas obrigadas e/ou voluntarias de libros e artigos
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe orientados de forma presencial, ou virtualmente, con soporte de tecnoloxías da información e da comunicación, baseados na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado, para así optimizar a súa propia aprendizaxe e colaborar na do resto de membros do grupo.
Traballos tutelados Metodoloxía que pretende promover a aprendizaxe autónoma dos estudiantes a nivel individual, baixo a tutela do docente, en escenarios variados.
Proba mixta Proba escrita que integra preguntas abertas de semidesenvolvemento sobre os contidos da materia.
Sesión maxistral Exposición oral a través de presentacións asíncronas videogravadas (power point con narración, gravacións con TEAMS, etc.) que serán subidas a Moodle, co apoio de material audiovisual. No caso de que desaparezan todas as medidas de seguridade excepcionais tomadas con motivo da pandemia, a exposición oral farase en aula co apoio do material audiovisual.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes