Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Didáctica da educación para a saúde
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A5 A6 A7 A17 A25 A26 A27 B3 B9 B21 B23 C1 Valoraranse os resultados obtidos nunha proba escrita que integrará preguntas abertas de semidesenvolvemento. A súa realización é obrigatoria só para os estudantes non presenciais, así como para aqueles estudantes que non asistan a máis do 80% das sesións.
Para superala cómpre acadar unha cualificación de 5 ou superior.
40
Traballos tutelados A2 A4 A5 A6 A14 A16 A17 A22 A23 A26 A29 A30 B2 B4 B9 B12 B15 B17 B18 B22 B25 C1 C3 C7 C8 Valorarase a adquisición de habilidades e destrezas asociadas a este tipo de metodoloxía, que pretende promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes a nivel individual. A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre acadar o 50% da cualificación indicada. 20
Presentación oral A16 A17 B1 B3 B4 B8 B9 B16 B24 C1 Valorarase a exposición oral, realizada con axuda das TIC, dos traballos realizados en aula. A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre acadar o 50% da cualificación indicada. 10
Aprendizaxe colaborativa A1 A7 A14 A27 A28 B5 B6 B7 B14 B17 B19 C4 Valorarase a participación nas tarefas realizadas na aula e a elaboración de material que trate a análise e interpretación das situacións obxecto de estudo. A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre chegar ao 50% da cualificación indicada e entregar as tarefas nas datas indicadas. 30
 
Observacións avaliación
NOTA.
No caso dos estudantes que asistan a máis do 80% das sesións o valor de cualificación da proba mixta estará incluído na avaliación dos traballos tutelados, aos que lles corresponderá o 60% da cualificación.


Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, segundo o establecido na "Norma
que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao" na UDC (29/05/2012):
1.      Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase.
2.      Terá dereito preferente a elixir grupo cando haxa horarios diferentes nas sesións interactivas.
3.      O resto da avaliación rexerase polo que establecen as "normas xerais de avaliación" desta
guía docente. 

No caso de que non se asista ao 80% das sesións, o alumno/a terá obrigatoriamente que realizar, ademais da proba mixta e dos traballos tutelados, unha proba de análise e interpretación das situación obxecto de estudo.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica que lles exime da asistencia á clase segundo o establecido na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao" na UDC (29/05/2012):
1.      Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase.
2.       Terá dereito preferente a elixir grupo cando haxa horarios diferentes nas sesións interactivas.
3.       O alumno/a terá obrigatoriamente que realizar, ademais da proba mixta e dos traballos
tutelados, unha proba de análise e interpretación das situación obxecto
de estudo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes