Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Subjects
  Health Education Teaching
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Mixed objective/subjective test A1 A2 A5 A6 A7 A17 A25 A26 A27 B3 B9 B21 B23 C1 Valoraranse os resultados obtidos nunha proba escrita que integrará preguntas abertas de semidesenvolvemento. A súa realización é obrigatoria só para os estudantes non presenciais, así como para aqueles estudantes que non asistan a máis do 80% das sesións.
Para superala cómpre acadar unha cualificación de 5 ou superior.
40
Supervised projects A2 A4 A5 A6 A14 A16 A17 A22 A23 A26 A29 A30 B2 B4 B9 B12 B15 B17 B18 B22 B25 C1 C3 C7 C8 Valorarase a adquisición de habilidades e destrezas asociadas a este tipo de metodoloxía, que pretende promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes a nivel individual. A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre acadar o 50% da cualificación indicada. 20
Oral presentation A16 A17 B1 B3 B4 B8 B9 B16 B24 C1 Valorarase a exposición oral, realizada con axuda das TIC, dos traballos realizados en aula. A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre acadar o 50% da cualificación indicada. 10
Collaborative learning A1 A7 A14 A27 A28 B5 B6 B7 B14 B17 B19 C4 Valorarase a participación nas tarefas realizadas na aula e a elaboración de material que trate a análise e interpretación das situacións obxecto de estudo. A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre chegar ao 50% da cualificación indicada e entregar as tarefas nas datas indicadas. 30
 
Assessment comments
NOTA.
No caso dos estudantes que asistan a máis do 80% das sesións o valor de cualificación da proba mixta estará incluído na avaliación dos traballos tutelados, aos que lles corresponderá o 60% da cualificación.


Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, segundo o establecido na "Norma
que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao" na UDC (29/05/2012):
1.      Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase.
2.      Terá dereito preferente a elixir grupo cando haxa horarios diferentes nas sesións interactivas.
3.      O resto da avaliación rexerase polo que establecen as "normas xerais de avaliación" desta
guía docente. 

No caso de que non se asista ao 80% das sesións, o alumno/a terá obrigatoriamente que realizar, ademais da proba mixta e dos traballos tutelados, unha proba de análise e interpretación das situación obxecto de estudo.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica que lles exime da asistencia á clase segundo o establecido na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao" na UDC (29/05/2012):
1.      Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase.
2.       Terá dereito preferente a elixir grupo cando haxa horarios diferentes nas sesións interactivas.
3.       O alumno/a terá obrigatoriamente que realizar, ademais da proba mixta e dos traballos
tutelados, unha proba de análise e interpretación das situación obxecto
de estudo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes