Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Subjects
  Design and Development of the Socio-Educational Action
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A9 A10 A11 A13 A20 B1 B2 B5 C1 C4 Traballo en equipo: estudo de caso

Criterios de cualificación do estudo de caso:
- Informe: adecuación aos requisitos de estrutura e contido, e elaboración da información.
- Anexos: organización e análise de datos (resúmos).
- Traballo de campo (cantidade e pertinencia da recollida de datos, número de compoñentes do equipo, complexidade/diversidade dos datos).

45
Document analysis A1 A2 A9 A10 A11 B1 Exame sen material que permite examinar ideas procedentes das fontes documentais, establecer conexións entre contidos, dar razóns e argumentar e deseñar unha acción socioeducativa a partir dun caso.

Criterios de avaliación:
- Definición de conceptos: mencionando aspectos claves.
- Explicación de conceptos: presentación razonada das características ou implicacións relacionadas cos conceptos.
- Relación fundamentada entre contidos de propostas ou proxectos diferentes ofrecendo información sobre as razóns dos vínculos.
- Acción socioeducativa coherente co caso e con as decisións metodolóxicas.
45
Collaborative learning A1 A2 A6 A9 A10 A11 A13 C1 Cartafol do grupo (10%)
Criterios de avaliación do cartafol:
- análise da información
- presentación da información
- número de traballos incluidos
10
 
Assessment comments

Cualificación final: Tanto o exame como o traballo de estudo de caso teñen que ser avaliados con nota mínima de 5 para poder considerse aptos.

Integridade académica:

Os contidos incluidos nos traballo deben estar
apropiadamente referenciados ao longo do texto e no apartado de
referencias usando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse
usando as normas APA 6ª edición. No parafraseo deben figurar as fontes
orixe das ideas que se reelaboran. A presenza de fontes no traballo é un signo de credibilidade que é requisito imprescindible para
demostrar excelencia académica.

Recoméndase consultar:

www.suagm.edu/umet/biblioteca/pdf/GuiaRevMarzo2012APA6taEd.pdf

http://www.ugr.es/~plagio_hum/0401Prevencion.htm

Política antiplaxio:

As citas e referencias a calquera tipo de texto deben
declararse. O uso de texto literal ou ideas de outros autores ou autoras
parafraseadas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo en
aplicación do artígo 14.4 da normativa académica de avaliacións,
cualificacións e reclamacións, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de
decembro de 2013, na que se indica que “na realización de traballos, o plaxio e
a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de
internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso
do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
actividade".

Debe consultarse:

http://www.ugr.es/~plagio_hum/

http://blogbibliotecas.mecd.gob.es/2015/01/22/plagio-academico

Prazo de Admisión de propostas para o traballo tutelado:

Non serán admitidas propostas para o traballo de estudo de caso unha vez rematado o prazo de admisión fixado na documentación complementaria que será entregará na clase.

Composición dos grupos e traballo:

Nas tarefas en grupo, incluído o traballo tutelado, a avaliación de cada membro variará en función da asistencia a clase, as sesións obrigatorias de seguimento e en función da implicación no proceso. Ao longo da realización do traballo e nas diversas convocatorias de avaliación ponde darse variacións na composición dos grupos e no número de compoñentes se, a criterio da profesora, así se asegura a elaboración apropiada do mesmo. 

Asistencia:

Cunha asistencia inferior o 80% das clases presenciais non contará a nota da aprendizaxe colaborativa. 

É obrigatoria a asistencia do alumnado ao 80% das sesións. Se non alcanza dito porcentaxe e non realiza a proba de exame nin o estudo de caso a cualificación final do estudante na primeira oportunidade será NON PRESENTADO.

Se realiza o exame sen superar o requisito de asistencia, a cualificación final del alumnado será de 50% para o exame e 50% para o traballo de estudo de caso. Nestos casos o alumnado ten que falar coa profesorado sobre as condicións de realización do traballo.

Dispensa académica de exención de asistencia:

Aqueles alumnos/as con dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados a través de traballo e exame individual, igual que aqueles que non cumpran a asistencia do 80% das clases. A nota final será de 50% para o exame e 50% para o traballo de estudo de caso. Será necesario unha nota igual ou superior a 5 sobre 10 para aprobar a materia. Nestos casos o alumnado ten que falar coa profesorado sobre as condicións de realización do traballo.

Linguaxe non discriminatoria:

É obrigatorio o uso dunha linguaxe correto, respectuoso e inclusivo, evitando termos discriminatorios relativos a xénero, a etnia, a procedencia social, a diversidade funcional, a orientación sexual, etc. O non cumplimento deste requisito acarreará consecuencias negativas na nota de ata un punto menos.

Transversalidade de xénero e interculturalidade:

Será valorada positivamente a consideración de cuestións inclusivas en materia de xénero e interculturalidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes