Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Subjects
  Developmental Psychology
   Methodologies
Methodologies Description
Collaborative learning Ao longo do curso o alumnado traballará en diversas actividades en pequeno grupo. O obxectivo desta metodoloxía é favorecer a aprendizaxe colaborativa dos estudantes, incidindo na importancia da planificación e a coordinación conxunta.
Workbook O profesorado proporá algunhas lecturas para a profundización dalgúns dos contidos da materia.
Document analysis Afondarase no estudo de diversos contidos relacionados coa materia a través da análise de documentais audiovisuais e textos escritos.
Student portfolio O alumnado deberá ir elaborando un dosier coas actividades propostas ao longo do curso. Este dosier será individual e deberá entregarse para a súa avaliación ao finalizar o cuadrimestre, nunha data a concretar polo profesorado.
Mixed objective/subjective test O exame dos contidos abordados nas sesións expositivas consistirá nunha proba mixta que incluirá preguntas tipo test e de resposta curta (preguntas a respostar en poucas liñas, nunha soa palabra, de completar mediante un exemplo, de unir por flechas, etc.). As preguntas tipo test mal respostadas restan.
Summary Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados. É un recurso óptimo para facilitar a comprensión do texto e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames.
Introductory activities Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe co fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Problem solving Nalgunhas das actividades a desenvolver nas sesións interactivas, solicitarase ao alumnado que elabore ideas e estratexias para resolver diversos problemas e situacións relacionadas con algún dos contidos estudados.
Simulation Técnica de dinámica de grupos que ten como obxectivo axudar a desenvolver a perspectiva social e a empatía mediante a representación de diferentes papeis dentro de situacións conflitivas onde interveñen diferentes posturas que teñen que ser combinadas. Utilízase para traballar as relacións interpersoais, o comportamento, os valores e as actitudes.
Laboratory practice Durante as sesións interactivas, desenvolverase algunha actividade de carácter experimental para analizar os procesos de cambio e maduración cognitiva dos seres humanos.
Directed discussion Tanto nas sesións expositivas como nas interactivas o profesorado proporá algunhas situacións controvertidas co obxecto de que o alumnado debata sobre as súas implicacións desde a perspectiva da Educación Social.
Glossary Nalgunhas das actividades propostas durante o curso, pedirase ao alumnado que defina e explique sucintamente algúns dos conceptos chave no estudo do desenvolvemento humano.
Guest lecture / keynote speech As sesións maxistrais desenvolveranse nas sesións expositivas con todo o grupo clase. Nelas, o profesorado presentará e explicará mediante power points os conceptos más importantes en cada un dos contidos contemplados no temario.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes