Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Pedagoxía social
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Recoñecer os diferentes campos de profesionalización da educación social e identificar novos ámbitos emerxentes. A1
A5
A16
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. A20
C1
Escoller e optar criticamente por fontes de coñecemento, procedementos e recursos tecnoloxícos que redunden nunha escolla contrastada da información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6
Determinar razoadamente os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa nos seus ámbitos de actuación, poñendo en relación as súas implicacións. A2
A3
A5
A14
Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa á luz dos diferentes modelos teóricos. A3
A5
A16
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa. A5
A14
Capacidade para indagar e producir coñecemento nun determinado campo A2
A3
A14
Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional. A14
A16
Mostrar unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos poñendo en valor estratexias comunicativas basadas na escoita activa, a empatía e o emprego normalizado de linguas minorizadas A20
B5
C1
Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa. A14
B2
Mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión ao expresar opinións e posicionamentos e nas propias actuacións B3
B5
Caracterizar a traxectoria da Educación Social e a configuración do seu campo e identidade profesional desde os seus inicios ate a actualidade A1
A16
Asumir activamente os principios dunha cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade. A20
B3
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes