Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Pedagoxía social
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
  • É recomendable subir unha fotografía ao perfil de Moodle/Teams, para facilitar a identificación do alumnado no traballo virtual.
  • Para a realización dos traballos e actividades de avaliación seguiranse en cada caso as indicacións dadas na aula, que tamén se publicarán en Moodle.
  • Os traballos presentaranse en formato dixital e sempre debidamente identificados (nome do alumno, curso, grupo, equipo, materia e nome do profesor). Hai que facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Así mesmo, debe terse en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade no comportamento persoal e profesional.
  • En consonancia coa integración dunha perspectiva feminista nesta materia, traballarase na identificación e modificación de prexuízos e actitudes sexistas, e incidirase no entorno para modificalos e promover valores de respecto e igualdade. Deben detectarse as situacións de discriminación por razón de xénero ou doutra índole e proporanse accións e medidas para corrixilas.
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimente dificultades para ter un acceso adecuado, igualitario e beneficioso á vida universitaria. Agradécese que se comunique calquera necesidade e proposta de adaptación.
  • O horario de titorías está exposto na páxina web da Facultade e no taboleiro da porta da oficina.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes