Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Subjects
  Social Information and Communication Technologies
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Mixed objective/subjective test A1 A5 A7 C8 A proba mixta corresponde ao exame final sobre avaliación dos contidos teóricos da materia. Consistirá en dar resposta a varias cuestións de carácter comprensivo que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos teóricos abordados ao longo da materia. 30
Supervised projects A7 A9 A11 A15 B3 B6 C1 C3 En relación cos traballos tutelados valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade da exposición.
70
 
Assessment comments

1. SITUACIÓNS:

A) Alumnado con dedicación completa:
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
   a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (70%).
   b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (30%).

B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212):
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
    a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (70%).
    b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (30%).


2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:

  1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.

  2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados e proba mixta).

  3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique, que será previa á do exame oficial. Para presentarse ao exame é obrigatorio ter presentados e aprobados os traballos.

  4. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de xuño.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes