Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Historia da educación
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Historia da educación Código 652G03011
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Malheiro Gutiérrez, José Manuel
Correo electrónico
jose.malheirog@udc.es
Profesorado
Malheiro Gutiérrez, José Manuel
Correo electrónico
jose.malheirog@udc.es
Web
Descrición xeral Historia da Educación é unha materia obrigatoria no segundo curso do Grao de Educación Social cun peso de seis créditos. O obxectivo central da asignatura consiste en comprender a natureza histórica dos feitos educativos, dentro e fóra da escola como institución; dos procesos de alfabetización e escolarización que se deron a partir do século XIX, nomeadamente en Galicia, así como dos factores que explican o seu desenvolvemento. Centra o seu interese na clarificación de conceptos, na contextualización histórica dos fenómenos estudados e na interrelación que se establece entre os modelos educativos e os sistemas políticos en cada época histórica co obxecto de que o alumnado sexa quen de situar axeitadamente o pasado nas súas coordenadas espaciais e temporais a fin de axudarlle a comprender o presente.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non hai modificacións nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: Mantéñense as metodoloxías docentes, adaptadas se é do caso á un eventual regreso á situación virtual. No caso da proba de ensaio —que consiste nun exercicio individual sobre 5 cuestións que foron previamente preparadas polo alumnado, a partir dos documentos resultantes dos traballos parciais elaborados en pequeno grupo—, seguirá a ser de carácter individual, pero realizada de xeito virtual segundo se recolle a continuación: o alumnado deberá realizar unha proba obxectiva non presencial que contará o 20% da cualificación. A dita proba constará de 5 cuestións que o alumno/a deberá elaborar nun prazo de 5 días. Ao cabo de dito prazo (ou antes, se é da súa vontade), o alumno/a remitirá vía mail a proba elaborada, para poder ser revisada e avaliada polo profesor. Para a elaboración de dita proba, empregaranse como base os materiais de clase e a bibliografía recomendada, tal como se procedeu na primeira oportunidade. En data oportuna, o profesor enviará vía Moodle as 5 cuestións ao alumnado, establecendo o prazo de entrega, e quedando á súa disposición para calquera dúbida ou dificultade de procedemento durante o proceso de resolución da proba. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Non hai modificacións nos mecanismos de atención personalizada, priorizando sempre que as condicións sanitarias o esixan, as titurías e comunicación virtual seguindo a normativa vixente. Correo electrónico. Empregarase o correo electrónico para realizar consultas sobre os contidos da materia ou cuestións puntuais de organización que non se contemplen na Guía docente. Agás un asunto ou problema urxente, tratarase de canalizar a resposta dos correos ás franxas de horario dedicado a atención de alumnado e titorías establecido. Moodle: a través da plataforma se distribuirán os materiais necesarios para o desenvolvemento das tarefas así como as instrucións complementarias precisas. Teams: -1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da Facultade. -Sesións individualizadas en horario de titorías para resolver dúbidas ou problemas relacionados coos contidos ou organización das tarefas encomendadas. 4. Modificacións na avaliación Non hai modificacións na avaliación, agás a forma de realizar a proba de ensaio, segundo se establece no punto 2. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Primarase a utilización e consulta de bibliografía mediante libros e artigos de revistas de acceso dixital, como xa viña sendo habitual.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes