Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Subjects
  History of Education
   Methodologies
Methodologies Description
Collaborative learning Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
No caso da materia de Historia da Educación lévase a cabo a través do encargo de traballos colaborativos que se realizan en pequeno grupo, utilizando algunhas das sesións interactivas, ademais do que cada grupo precise fóra das horas lectivas. Os grupos están compostos, preferiblemente por 3-4 persoas. A experiencia nos indica que un número maior dispersa a responsabilidade e dificulta a conexión entre os compoñentes para unha correcta realización da tarefa encomendada. Para a realización do traballo, facilítaselle ao alumnado unha relación de referencias bibliográficas de lectura e de consulta; así como un guion/estrutura do traballo a desenvolver, incidindo nos puntos de interese fundamentais.
Os traballos realizados son revisados polo profesor, en presenza do alumnado, indicando as eivas e establecendo propostas de mellora.
Critical bibliographical A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación a súa propia experiencia.
No caso da materia de Historia da Educación, encárgase a lectura, para recensión bibliográfica, dunha obra sobre historia da educación en Galicia, entre varios a elixir, cuxa proposta varía cada ano.
Guest lecture / keynote speech Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
No caso da materia de Historia da Educación, empréganse as clases expositivas para desenvolver sesións maxistrais apoiadas con presentacions de power point e fragmentos de documentais. As sesións maxistrais non son unidicreccionais, senón que se trata de que o alumnado participe mediante a formulaciòn/resposta de preguntas, e o establecemento de espazos de tempo para o debate sobre aspectos que suscite o tema abordado.
Long answer / essay questions Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
No caso da materia de Historia da Educación, a proba de ensaio consiste nun exercicio individual sobre 5 cuestións que foron previamente preparadas polo alumnado, a patir dos documentos resultantes dos traballos parciais elaborados en pequeno grupo.
Supervised projects Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
No caso da materia de Historia da Educación, cada alumno debe realizar, de xeito individual, un traballo de iniciacion á investigación histórico-educativa, cuxa proposta se explica na primeira sesión de clase e se establece o calendario de elaboración e entrega. O traballo require unha tutela sistemática por parte do profesor ata a súa entrega. A revisión periódica do proceso asegura unha elaboración correcta, facilita a resolución axeitada das dificultades que suscite o traballo de campo e garante a adecuada aprendidaxe dos contidos que se abordan, de xceito gradual e significativo. Esta metodoloxía incrementa considerablemente a carga de traballo do profesor na revisión contoinua do proceso de aprendizaxe de xeito individualizado.
Ao ser un traballo que require a tutela continua, o profesor non corrixe nin avalía aqueles traballos que non foron previamente titorizados e revisados.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes