Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Historia da educación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A20 A8 A20 B16 B6 C3 Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. 20
Proba de ensaio B3 B4 B7 B10 B12 B22 C1 C2 C8 Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. 20
Recensión bilbiográfica B1 B4 B9 B10 B12 B1 B2 C1 C2 A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación a súa propia experiencia. 10
Traballos tutelados A20 A2 A3 A5 A6 A14 A16 B2 B5 B10 B12 B5 C1 C7 C8 C1 C4 C7 C8 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
50
 
Observacións avaliación

- A puntualidade, a regularidade da asistencia ás
sesións de clase así como o interese amosado, a actitude diante da
materia e das actividades, e a participación e colaboración serán
aspectos obxecto de avaliación. Sendo así, o alumno ou alumna que
acumule máis de tres faltas de asistencia deixa de considerarse
asistente pasando a ser avaliado seguindo os criterios do alumnado non
asistente.

- Aqueles alumnos ou alumnas que
por causas excepcionais non poden asistir regularmente ás clases
presenciais, ás interactivas ou a ambas, é necesario que o xustifiquen
debidamente para poder ter dereito a unha avaliación axustada ás súas
necesidades, evitando agravios co resto do alumnado. Estas
circunstancias deben ser expostas ao profesor, convenientemente, para
poder estudar a mellor opción en cada caso en beneficio do alumno ou
alumna e o seu dereito á aprendizaxe en igualdade de condicións.

- O alumnado regularmente asistente será
avaliado segundo a proporción que segue:

Traballo individual de
investigación
(50%). Traballo tutelado polo profesor sobre a proposta temática que se realice ao comezo de curso relacionada cos contidos teóricos da materia, mediante o cal se pon en práctica aspectos fundamentais das metodoloxías descritas e se promoven as respectivas competencias. Constará dunha parte de revisión bibliográfica e outra de traballo de campo aplicando diversas metodoloxías de investigación, segundo o caso.  É importante reseñar que non se avaliarán traballos de cuxa elaboración o profesor non teña constancia.

Recensión bibliografica (10%). O alumnado realizará de xeito individual unha reseña bibliografica sobre un dos libros propostos ao comezo de curso, que deberá entregar, en tempo e forma, seguindo as indicacións do profesor para a súa elaboración.

Proba escrita tradicional (Proba de ensaio) (20%). Que se desenvolverá sobre os contidos da materia na data sinalada oficialmente.

Traballos
colectivos
(10%). Ao longo do cuatrimestre, o alumnado realizará unha serie de traballos en pequeno grupo, referidos aos diferentes bloques temáticos, seguindo a proposta do profesor.

Aspectos actitudinais (10%). Considérase importante a atención do alumnado aos seguintes aspectos: regularidade na asistencia, puntualidade no comezo das sesións de clase,
interese pola proposta de contidos e a metodoloxía para abordalos;
así
como tamén a súa participación en clase mediante unha actitud receptiva e crítica construtiva e a
colaboración nos traballos individuais e colectivos. 

Ter superado o traballo
individual é requisito indispensable para aprobar a materia en primeira
convocatoria malia ter aprobado o exame incluso coa máxima puntuación
(20%). 

-Para poder ser avaliado, cada alumno ou alumna debe ter entregado a totalidade dos
traballos (individuais ou colectivos) propostos, en tempo e forma. En
caso contrario, considérase NON PRESENTADO. Do mesmo xeito, recoméndase utilizar as horas de atención ao alumnado para
solventar dificultades relacionadas co desenvolvemento dos traballos
individuais ou colectivos, coa marcha da materia, aclarar dúbidas, etc.

-O alumnado que teña recoñecida dedicación ao estudo a tempo parcial deberá informar debidamente ao profesor a efectos de poder adaptar a súa situación individual ás esixencias curriculares da materia co obxecto de poder cumprir os criterios de avaliación aos que se someta o resto do alumnado para poder garantir a necesaria igualdade de condicións no proceso de aprendizaxe e de oportunidades na avaliación da materia. 

- O alumnado de segunda oportunidade deberá realizar unha proba obxectiva que contará o 100% da cualificación.

-
No caso de estudantes con discapacidade, e dependendo da mesma,
arbitraranse as probas oportunas contando co asesoramento da Unidade
Universitaria de Atencion á Diversidade (ADI).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes