Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Subjects
  Education of Unprotected Children and Social Conflict
   Methodologies
Methodologies Description
Document analysis As fontes documentais son os referentes conceptuais que se presentarán ao redor dos diferentes núcleos temáticos que vertebran a materia. Utilizaranse documentos audiovisuais e bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) que son relevantes para afondar no temario, con propostas de actividades específicas para o estudo dos mesmos.
Case study Tendo como referencia a bibliografía e as actividades desenvolvidas na aula, e coas orientacións que a profesora estime oportunas, deseñarase en grupo, un proxecto educativo individualizado ou grupal que, desde a pedagoxía crítica, sitúe no seu núcleo a educación de menores en desprotección e conflito social.
As datas para o seu desenvolvemento e sesións de titoría contempladas para este fin, serán acordadas na aula, a proposta da profesora. Ademais de ser incluído no Portafolios, cada grupo expoñerá o seu proxecto co obxeto de compartilo e sometelo a debate.
Directed discussion Será unha das dinámicas máis utilizadas, para a que se acordará con suficiente antelación as lecturas previas de carácter obrigatorio que, recollendo diferentes argumentacións sobre dunha temática, favoreza o contraste e o debate de opinións fundamentadas e coa finalidade de que o alumnado constrúa unha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade socioeducativa.
Student portfolio Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas, paxinadas e cun índice introdutorio que conterá os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado ao longo do semestre. É froito do traballo tutelado e continuo en torno aos diferentes núcleos temáticos que se iniciarán na aula pero que requirirá do traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través de atención personalizada da profesora ós distintos grupos.
Guest lecture / keynote speech Ao comezo de cada núcleo formativo farase unha exposición xeral introdutoria de cada tema, mediante exposición oral e guiada co uso dos recursos pertinentes, destacando os asuntos que precisen dun maior afondamento, así como as orientacións para poderen ser ampliados. Asemade, usaremos o recurso da discusión dirixida, co fin de ollar os prexuízos, valorar os intereses do alumnado, ter en conta as súas contribucións e potenciar a súa participación na construcción significativa do coñecemento.
Events academic / information Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións...) co obxectivo de afondar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Este tipo de actividade será recollida no portafolios.
Oral presentation Presentación dun proxecto de acción socieducativa, tendo como grupo destinatario rapazas e rapaces en desprotección social.
Mixed objective/subjective test Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe o remate do curso, na que o alumnado deberá dar resposta ás cuestións formuladas a través dun marco global e integrado dos diferentes núcleos temáticos contemplados nesta guía docente.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes