Teaching GuideTerm Faculty of Educational Studies |
Grao en Educación Social |
Subjects |
Education of Unprotected Children and Social Conflict |
Assessment |
|
|
Identifying Data | 2019/20 | |||||||||||||
Subject | Education of Unprotected Children and Social Conflict | Code | 652G03016 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 2nd four-month period |
Second | Obligatory | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Student portfolio | A1 A2 A3 A5 A8 A9 A14 A16 A20 B2 | Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas, paxinadas e cun índice introdutorio que conterá a parte máis significativa do roceso aprendizaxe realizadas polo alumnado ao longo do semestre, e que será concretado ó final de cada núcleo temático. É froito do traballo tutelado e continuo en torno ós diferentes núcleos temáticos que se iniciarán na aula pero que requirirá do traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través de atención personalizada da profesora ós distintos grupos. | 10 |
Case study | A1 A2 A3 A5 A7 A8 A9 B2 B3 B4 C4 | Tendo como referencia a bibliografía e as actividades desenvolvidas na aula, e coas orientacións que a profesora estime oportunas, deseñarase en grupo, un proxecto educativo individualizado ou grupal que, desde a pedagoxía crítica, sitúe no seu núcleo a educación de menores en desprotección e conflito social. As datas para o seu desenvolvemento e sesións de titoría contempladas para este fin, serán acordadas na aula, a proposta da profesora. Ademais de ser incluído no Portafolios, cada grupo expoñerá o seu proxecto co obxeto de compartilo e sometelo a debate e valoración. |
7 |
Mixed objective/subjective test | A2 A3 A5 A8 | Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe ao remate do curso, na que o alumnado deberá dar resposta ás cuestións formuladas a través dun marco global e integrado dos diferentes núcleos temáticos contemplados nesta guía docente. | 80 |
Oral presentation | B2 B3 | Presentación dun proxecto de acción socieducativa, tendo como grupo destinatario rapazas e rapaces en desprotección social. |
3 |
Assessment comments | |||
Criterios de avaliación: - Comprensión das ideas básicas, dominio conceptual, uso de diferentes fontes de información na elaboración das respostas, rigurosidade, profundidade e coherencia, orixinalidade e pertinencia das relacións, argumentación/fundamentación. -Estilo lingüístico: claridade, corrección lingüística, síntese, e orde na estrutura e na presentación oral/escrita. Opcións en función do grao de asistencia OPCIÓN A. Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de aula (asistencia superior ó 80%): a. Portafolios, deseño e presentación oral dun Proxecto dirixido á educación de menores en desprotección e conflicto social que será exposto na aula (20%). b. Exame sen material sobre os contidos da materia (80%). OPCIÓN B. Para o alumnado que non asiste/participa das actividades de aula (asistencia inferior ó 80%): a) Exame: Proba mixta sobre os contidos da materia (100%). En calquera das dúas opcións é preciso contestar, cando menos parcialmente, a tódalas cuestións formuladas (en caso contrario a cualificación será de Suspenso), e obter unha avaliación favorable en cada unha das partes da materia. No caso de non ser así, a cualificación en Actas será a da parte suspensa en base 10. O alumnado con recoñecemento oficial de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, deberá acudir a titorías para fixar as sesións interactivas e expositivas nas que poderá estar presente co fin de determinar os traballos sustitutorios, se fose o caso. Nesta titoría será informado do procedemento de avaliación que será o que resulte máis acaído en función da súa presencia/ausencia nas sesións interactivas. |
|