Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Educación de menores en desprotección e conflito social
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 A2 A3 A5 A8 A9 A14 A16 A20 B2 Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas, paxinadas e cun índice introdutorio que conterá a parte máis significativa do proceso aprendizaxe realizadas polo alumnado ao longo do semestre, e que será concretado ó final de cada núcleo temático. É froito do traballo tutelado e continuo en torno ós diferentes núcleos temáticos que se iniciarán na aula pero que requirirá do traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través de atención personalizada da profesora. 40
Estudo de casos A1 A2 A3 A5 A7 A8 A9 B2 B3 B4 C4 Tendo como referencia a bibliografía e as actividades desenvolvidas na aula, e coas orientacións que a profesora estime oportunas, deseñarase en grupo, un proxecto educativo individualizado ou grupal que, desde a pedagoxía crítica, tema como grupo destinatario a rapazas e rapaces en desprotección e conflito social.
Ademais de ser incluído no Portafolios, cada grupo expoñerá o seu proxecto co obxeto de compartilo e sometelo a debate.
15
Proba mixta A2 A3 A5 A8 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe ao remate do curso, na que o alumnado deberá dar resposta ás cuestións formuladas a través dun marco global e integrado dos diferentes núcleos temáticos contemplados nesta guía docente. 40
Presentación oral B2 B3 Presentación dun proxecto de acción socieducativa, tendo como grupo destinatario rapazas e rapaces en desprotección social. 5
 
Observacións avaliación

















Criterios de avaliación:



-
Comprensión das ideas básicas, dominio conceptual, uso de diferentes fontes de
información na elaboración das respostas, rigurosidade, profundidade e
coherencia, orixinalidade e pertinencia das relacións,
argumentación/fundamentación, capacidade crítica.



-Estilo
lingüístico: claridade, corrección lingüística, síntese, e orde na estrutura e
na presentación oral/escrita.



Opcións en
función do grao de asistencia



OPCIÓN A.
Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de aula (asistencia
superior ó 80%):



a.
Portafolio (40%).



b. Estudo de
casos: Deseño e presentación oral dun Proxecto destinado a menores en desprotección e conflito social (20%).



c. Proba
mixta: Exame sen material sobre os contidos da materia (40%).



OPCIÓN B.
Para o alumnado que non asiste/participa das actividades de aula (asistencia
inferior ó 80%):



- Proba
mixta: Exame sen material  sobre os contidos da materia (100%).



 



En calquera
das dúas opcións é preciso contestar, cando menos parcialmente, a tódalas
cuestións formuladas (en caso contrario a cualificación será de Suspenso), e
obter unha avaliación favorable en cada unha das partes da materia. No caso de
non ser así, a cualificación en Actas será a da parte suspensa en base 10. O
alumnado con recoñecemento oficial de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia, deberá acudir a titorías para fixar as
sesións interactivas e expositivas nas que poderá estar presente co fin de
determinar os traballos sustitutorios, se fose o caso. Nesta titoría será
informado do procedemento de avaliación que será o que resulte máis acaído en
función da súa presencia/ausencia nas sesións interactivas.






a. Portafolios, deseño e presentación oral dun Proxecto dirixido á educación de menores en desprotección e conflicto social que será exposto na aula (20%).

En calquera das dúas opcións é preciso contestar, cando menos
parcialmente, a tódalas cuestións formuladas (en caso contrario a
cualificación será de Suspenso), e obter unha avaliación favorable en
cada unha das partes da materia. No caso de non ser así, a cualificación
en Actas será a da parte suspensa en base 10.

O alumnado con recoñecemento oficial de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, deberá acudir a titorías para fixar as sesións interactivas e
expositivas nas que poderá estar presente co fin de determinar os traballos sustitutorios, se fose o caso. Nesta titoría será informado do procedemento de avaliación que será o que resulte máis acaído en función da súa presencia/ausencia nas sesións interactivas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes