Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Subjects
  Animation and Sociocultural Management
   Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral entendémola desde a implicación do alumnado, partindo a miúdo os temas das experiencias propias (acceso á cultura, hábitos de lecer, os equipamentos de proximidade que frecuenta, pertenza á entidades cívicas, conciencia sobre asuntos sociais, etc).
Document analysis Supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente ou simplemente como elemento motivador, mesmo provocador.
Collaborative learning Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. Así, faremos prácticas como: deseño dunhas xornadas, solicitude dunha subvención pública e outras.
Directed discussion Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Aquí, o profesor, valorará en gran medida, mesmo para a cualificación final, a cantidade e calidade da participación do alumnado.

A defensa de propostas elaboradas en equipo polo alumnado, o libro forum e outras actividades prácticas, deberán ser defendidas en lingua galega.
Workbook Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados. Entrégase a principio de cuadrimestre un dossier ao alumnado para, dous medes despois, realizar un libro-forum na clase.
Panel discussion Exercicios de habilidades expresivo-comunicativas
Mixed objective/subjective test Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes