Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Animación e xestión sociocultural
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida B6 Enténdese a cantidade (asiduidade) e calidade da participación (implicación no desenvolvemento das clases) do alumnado 40
Proba mixta A9 B2 Constará dun exame sen material respostando aos contidos vinculados á materia. Será un exame con dúas ou tres preguntas, unha delas a desenvolver e as outras de carácter máis conciso e breve 60
 
Observacións avaliación

As persoas que non cumpran un mínimo dun 80% das sesións de clase, de querer superar a materia deberán:

a. Ler comprensivamente o dossier do alumnado
b. Realizar e aprobar un exame final escrito
c. Analizar unha experiencia de animación ou xestión sociocultural ou un traballo que acorden mutuamente co profesor.

Todos os traballo e o seu xeito de presentalos, deberán ser consensuados co profesor (soporte, prazos...). A nota principal será sempre o exame, mais a presenza e implicación na clase, será moi tida en conta polo profesor.

O alumnado que, tendo recoñecida a súa condición de estudante a tempo parcial, solicitará no Decanato a dispensa académica e abordará dita situación personal co profesor nunha titoría concertada.

Con carácter VOLUNTARIO, a materia oferta unha experiencia de APRENDIZAXE POR SERVIZO ou VOLUNTARIADO SOCIOCULTURAL. Será por un número limitado de prazas para aquel alumnado que así  o solicite libremente. Os destinos serán o Museo de Arte Contemporánea de Unión Fenosa e varias librarías da cidade. O alumnado comprométese a acudir preferentemente fóra do horario de clases do Grao a ditos equipamentos ou servizos para aprender o que alí desenvolven, realizar prácticas e mesmo desenvolver servizos que o citado destino non oferta. Como resultado desa estadía do 1 de febreiro ao 30 de abril, o alumnado será avaliado en base a un informe do titor/a, unha memoria, participación na clase e proba mixta.

Os criterios de avaliación da proba mixta serán:

a) Respostar ao que se pregunta.

b) Expresarse correctamente sen faltas de ortografía

c) Acompañar o argumentario da resposta con citas bibliográficas

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes